Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Subjects
  Informatics
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2021/22
Subject (*) Informatics Code 631G03004
Study programme
Grao en Máquinas Navais
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Enxeñaría de Computadores
Coordinador
Vidal Paz, Jose
E-mail
jose.vidal.paz@udc.es
Lecturers
Vidal Paz, Jose
E-mail
jose.vidal.paz@udc.es
Web
General description Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación. No ano 2017, o Comité de Seguridad Marítima da IMO publica a resolución MSC.428(98) relativa á xestión dos riscos cibernéticos no sector marítimo nos sistemas de xestión da seguridade, a cal entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2021. Asimesmo, tamén publica as "Guías sobre gestión del riesgo cibernético”, que proporcionan recomendacions que se deben adoptar a bordo dos buques. Estas novas necesidades xurdidas nestes últimos anos supuxeron un punto de inflexión no sector marítimo, no cal se lle comenzou a dar unha maior importancia á seguridade dos seus sistemas IT/OT. As competencias adquiridas nesta materia serán de gran importancia para o desenrolo da profesión dos futuros egresados en Máquinas Navais, porque poseerán coñecementos sobre o tipo de riscos cibernéticos aos que van a estar expostos, e estarán capacitados para tomar medidas preventivas, analizar rexistros de acceso para detectar incidentes e executar unha política de copias de seguridade para poder recuperar os equipos ao seu estado operativo inicial. Dentro do plan de estudos, aínda que esta materia pódese considerar relacionada con case todas as da titulación, garda unha estreita relación coas Matemáticas (resolución de problemas, representación e interpretación de resultados), así como con Electrónica e Sistemas de Control (codificación da información, hardware, redes), e varias do itinerario ETO, como son Fundamentos de Programación, Electrónica Dixital ou Automatización de Instalacions do Buque. Tamén se considera que está relacionada co Inglés, pois moita da información a manexar (libros, Internet, manuais, videotutoriais, ...) atópase neste idioma.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral (a través de Teams e vídeos en Sharepoint) - Solución de problemas (uso de Teams e Campus Virtual) (computa na avaliación) - Prácticas a través de TIC (uso de Teams, Campus Virtual e escritorios VDI) (computa na avaliación) - Estudo de casos (uso de Teams, Campus Virtual e escritorios VDI) (computa na avaliación) - Prácticas de laboratorio (adoptaranse as medidas sanitarias establecidas polas autoridades, reducíndose o tamaño dos grupos se fose preciso) (computa na avaliación) - Proba mixta (uso do Campus Virtual da UDC e Teams) (computa na avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento da resolución de problemas e os traballos tutelados. - Campus Virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos contidos teóricos de todos os temas. Tamén dispoñen dos arquivos para a sua descarga nos que teñen que resolver exercicios prácticos, e vídeos de elaboración propia en Sharepoint para complementar os contidos teóricos. Ademáis, dispoñen de enlaces a páxinas web nas que poderán descargar o software opensource necesario para o seguimento da materia, así como tutoriais e vídeos. Tamén se lles proporcionan enlaces directos á bibliografía dispoñible na UDC. - Teams: 1 sesión semanal de 2 horas en grupo único para avanzar nos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola, así como para a presentación oral. Outra sesión semanal de 2 horas en grupos medianos, tamén na franxa horaria que ten asignada a materia, para o seguimento e apoio das prácticas e dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - A proba mixta pasará de ser presencial a ser on-line. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada no Campus Virtual da UDC.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes