Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Ciencia e Enxeñaría de Materiais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral - Programáronse 28 horas nas que o profesor expón na aula os aspectos máis relevantes de cada un dos temas recolleitos no contido da materia. Permitirá facer uso de expresións e terminoloxías científicas que transmiten coñecementos e expresións críticas, evitándose a memorización de desenvolvementos e expresións.

- O/A alumno/a tamén debe ser unha parte activa, expondo as súas dúbidas máis inmediatas ou aquelas que lle poidan xurdir posteriormente e resulten de interese para todo o grupo. Outras dúbidas que requiran unha maior atención e tempo consultaranse nas titorías fixadas para o efecto ou ben poñéndose de acordo co profesor.

- En calquera caso orientarase ao alumno sobre os contidos básicos da materia, sinalando aqueles apartados para traballar especificamente pola súa relevancia na titulación.
Solución de problemas - Exponse como unha participación interactiva en grupos. Permiten un seguimento directo tanto das capacidades de análises e sínteses como da organización e planificación temporal.

- Abarcarán especificamente aplicacións sobre cada un dos temas obxecto de estudo.
Prácticas de laboratorio
- Asistencia obrigatoria.

- Realizaranse no laboratorio de Materiais nos días e horas que estableza o correspondente calendario, en grupos reducidos.

- A non asistencia ás prácticas de laboratorio pódese suplir coa realización dun exame práctico relacionado coas prácticas ás que non se asistiu.
Proba obxectiva - Consistirá na realización dun exame escrito que versará sobre aqueles contidos traballados ao longo do curso.

- A valoración dos apartados contidos na proba recollerase na mesma.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes