Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Métodos Numéricos e Estatísticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A73 A74 B4 B8 B9 B13 B14 B16 B17 B18 C1 C3 C8 Resolución de cuestións teóricas ou prácticas breves plantexadas durante as sesións maxistrais. 10
Prácticas a través de TIC A73 A74 B5 B7 B9 B10 B11 B13 B15 B16 B18 C3 C8 Prácticas e problemas a resolver utilizando software científico 10
Traballos tutelados A73 A74 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B18 C1 C3 C7 C8 C9 Prácticas e problemas a resolver 5
Proba obxectiva B1 B5 B7 B9 B11 B14 B15 B16 C1 C9 Entrega para avaliación das respostas do alumno feitas en tempo e forma a cuestións e problemas sobre os coñecementos adquiridos. 60
Solución de problemas A73 A74 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B14 B15 C1 C3 C7 C9 Entregas, dentro de prazos concretos, das resolucións por parte do alumno, ou grupo de alumnos, de problemas ou prácticas propostas, da mesma categoría e dificultade dos tratados nas clases interactivas, tanto para resolver a man, como con axuda de software científico. 15
 
Observacións avaliación

Os estudantes que participan no sistema EEES, deberán acudir a un mínimo do 80% das clases. A avaliación continua (solución de problemas e prácticas plantexados en clase para entregar) supón o 40% da nota. Ó longo do cuadrimestre realizaranse dúas probas parciais que permitan acadar o restante 60% da nota (proba obxectiva).

Os estudantes que teñan realizado a avaliación continua (solución de problemas) pero non superasen a materia trala realización dos parciais (probas obxectivas), terán a oportunidade de acadar o 60% da nota correspondente a proba obxectiva nun examen final de toda a asignatura na primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia. Un alumno que non aprobe a materia trala realización dos parciais e que non se presente ós exames finais, será cualificado como NON PRESENTADO.

Os estudantes que decidan NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha única proba individual (que constará de cuestións teóricas e prácticas, incluíndo no seu caso a resolución de problemas co software científico utilizado durante o curso), que constituirá o 100% da avaliación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), e queira manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, DEBERÁ INDICALO Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE e asistir ó 50% das clases interactivas. No caso de non poder asistir ás prácticas deberá asistir a titorías onde realizará probas equivalentes.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de suspenso, nota numérica de 0, na convocatoria correspondente, invalidando calquera calificación obtida en todas as probas ou actividades de avaliación, tal e como se establece na normativa académica vixente na UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes