Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Inglés Técnico Marítimo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 A10 A91 B8 B11 B14 B17 C2 C4 C6 Clases prácticas 30
Traballos tutelados A9 A10 A91 A99 A100 B1 B2 B3 B5 B8 B11 B14 B17 C2 C4 C6 Proxecto cuatrimestral 10
Proba obxectiva A9 A10 A91 A99 A100 B1 B2 B3 B5 B8 B11 B14 B17 C2 C4 C6 Exame da materia 60
 
Observacións avaliación

- Non se recollerán traballos unha vez finalizado o prazo de entrega,
nin se recuperarán as prácticas perdidas.

- Para aprobar o curso hai que sacar unha nota final mínima de 5
sobre 10.

- Na oportunidade de fin de cuatrimestre é necesario chegar ao 2 no
exame (x/6) para que se sume ás notas das outras probas realizadas ao longo do
curso (x/4) e éstas tamén deben sumar entre todas elas un mínimo de 1,5 puntos
para poder sumarse á nota do exame. En caso contrario, a nota final global
máxima será 4.8 (x/10) e o alumno terá que examinarse de novo en Xullo.

- O exame de Xullo incluirá tódalas probas realizadas ao longo do
curso e suporá o 100% da nota (x/10).

- O exame da convocatoria adiantada de Decembro incluirá tódalas
probas realizadas ao longo do curso e suporá o 100% da nota (x/10).

- Os alumnos que non se presenten ao exame (x/6 na primeira oportunidade en Xaneiro e x/10 tanto na segunda oportunidade de Xullo, como na convocatoria
adiantada de Decembro) acadarán a calificación de NP.

- O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será
avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para
a segunda oportunidade de Xullo.

- Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade
que se especializa en "atender ós membros da comunidade universitaria con
necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza
fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode poñerse en
contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 981
167000, extensión 5622 ou na dirección de email adi@udc.es

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes