Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
 Asignaturas
  Cálculo numérico
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Cálculo numérico Código 632514006
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Métodos Matemáticos e de Representación
Coordinación
París López, José
Correo electrónico
jose.paris@udc.es
Profesorado
Colominas Ezponda, Ignasi
Couceiro Aguiar, Iván
Navarrina Martinez, Fermin Luis
París López, José
Correo electrónico
ignacio.colominas@udc.es
ivan.couceiro.aguiar@udc.es
fermin.navarrina@udc.es
jose.paris@udc.es
Web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp521/index.html
Descrición xeral Ver páxina web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp521/index.html
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se producen modificacións nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Publicación de boletíns de prácticas ao principio de cada tema para que resolvan os alumnos. - Publicación das solucións dos boletíns de prácticas ó finalizar cada tema da asignatura - Traballo de curso (obrigatorio e avaliable para a asignatura) *Metodoloxías docentes que se modifican - Publicación de todo o material docente que se explicaría na clase presencial en formato dixital convenientemente adaptado e desenvolvido para a docencia non presencial - Realización de clases non presenciais a través de Teams apoiados no material específico indicado no punto anterior. - Realización de clases non presenciais para resolución de exercicios dos boletíns de prácticas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase) Correo electrónico -> En calquera momento Teléfono -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase) 4. Modificacións na avaliación No caso de non poder realizarse a docencia de xeito presencial durante un período prolongado de tempo o sistema de avaliación aplicable será o seguinte: - Proba obxectiva -> 100%. Será unha proba obxectiva de tipo exame a realizar na data establecida no calendario oficial de exames. (ver observacións) - Traballo de curso -> 10% (Adicional). Será un traballo sobre a resolución dun problema de enxeñería mediante métodos numéricos e a súa implementación nun programa de ordenador en linguaxe Fortran - Probas de seguemento e asistencia a clase -> 5 % (Adicional). Probas de duración curta realizadas durante as clases sen previo aviso. *Observacións de avaliación: Os exames realizados de xeito telemático consistirán en probas individuais e manuscritas a realizar polo estudante segundo o calendario de exames oficiais presentado. Para a realización do exame os estudantes poderán utilizar unha calculadora científica básica. Os estudantes escribirán ó comezo de cada folla do exame que vaian realizar, como mostra de lealtade e responsabilidade, a seguinte declaración: “Eu, nome apelido1 apelido2 con DNI: XXXXXXXX-X declaro pola miña honra que non utilizarei medios nin métodos fraudulentos para a realización de este exame de asignatura.” E asinarán ao lado indicando tamén a data e a hora. Os detalles acerca do horario e instruccións para a realización do exame publicaranse coa suficiente antelación. O exame será publicado nos medios de información habituais da asignatura de acordo co horario establecido (páxina web, Moodle, etc.). O estudante consultará o enunciado e respostará ás preguntas en follas en branco que leven como encabezamento a declaración arriba indicada. Unha vez rematado o exame de xeito telemático os profesores poderán contactar con calquera alumno e pedirlle que lle explique un ou varios apartados do mesmo. O estudante gardará obrigatoriamente os manuscritos orixinais e entregarallos ao profesor posteriormente cando a situación o permita. Se de xeito excepcional algún alumno tén un problema xustificado polo que non poida facer o exame no día e hora establecidos establecerase outra data para realizar outro exame. En todos os casos garantirase a proporcionalidade do exame tendo en conta a excepcionalidade da situación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes