Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
 Asignaturas
  Cálculo numérico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A6 A7 A8 A9 A12 A15 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B13 B18 C2 C3 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C19 C20 Ver páxina web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp521/index.html 3
Proba obxectiva A1 A2 A7 A8 A9 A12 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C20 Ver páxina web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp521/index.html 100
Solución de problemas A1 A2 A6 A7 A8 A9 A12 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B18 C2 C3 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C19 C20 Ver páxina web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp521/index.html 3
Traballos tutelados A1 A2 A6 A7 A8 A9 A12 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B13 B18 C2 C3 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C19 C20 Ver páxina web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp521/index.html 10
 
Observacións avaliación

Ver páxina web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp521/index.html

Para aprobar a asignatura será condición imprescindible ter presentado con anterioridade o traballo de curso. O traballo de curso presentado polo estudante debe cumprir os requisitos establecidos para considerarse como válido. A realización de actividades fraudulentas na realización do traballo de curso suporá o suspenso da asignatura, sen prexuizo de outras medidas de carácter disciplinario que puideran corresponder.

O exame da asignatura constará de varios exercicios claramente indicados. O exame estará avaliado sobre un máximo de 10 puntos. En cada exercicio do exame o estudante debe acadar como mínimo un 20% da calificación máxima dese exercicio para poder aprobar a asignatura.

A calificación do exame final da primeira oportunidade poderá experimentar os seguintes aumentos:
– Por Traballo de Curso: Máximo 1 punto sobre 10.
– Por Prácticas: Máximo 0.25 puntos sobre 10.
– Por Probas de Seguemento de Clase: Máximo 0.25 puntos sobre 10
Aprobarase a asignatura nesta oportunidade se a calificación global (coas condicións e os aumentos indicados) é igual ou superior a 5 sobre 10 puntos.

A calificación do exame extraordinario de xullo (segunda oportunidade) poderá experimentar os seguintes aumentos:
– Por Traballo de Curso   : Máximo 1 punto sobre 10.
Aprobarase a asignatura nesta oportunidade extraordinaria se a calificación (coas condicións e os aumentos indicados) é igual ou superior a 5 sobre 10 puntos.

Nos exames non se permitirá a consulta de ningún tipo de documento.
Calquera documentación adicional que se precise será proporcionada co
enunciado.

Nos exames non se poderá utilizar ningún tipo de
dispositivo electrónico avanzado. Só se permitirá o uso dunha
calculadora científica básica (esto é: unha calculadora que permita
exclusivamente realizar operaciones aritméticas e avaliar funcións
elementais con un número reducido de memorias numéricas, sen ningunha
outra capacidade de ningún tipo).

A utilización de documentos ou
dispositivos ilícitos, así como a copia por calquera medio durante a
realización dun exame serán consideradas actividades fraudulentas de
carácter grave.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes