Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
 Asignaturas
  Enxeñería do transporte
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Enxeñería do transporte Código 632514007
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Paz Salgado, Xacobe
Correo electrónico
xacobe.paz@udc.es
Profesorado
Montero Lamas, Yaiza María
Novales Ordax, Margarita
Paz Salgado, Xacobe
Correo electrónico
y.montero@udc.es
margarita.novales@udc.es
xacobe.paz@udc.es
Web
Descrición xeral A guía docente desta materia está dispoñible tanto en galego como en castelán. En caso de discrepancias entre ambas as versións terase en conta o establecido na versión en castelán. En enxeñaría do transporte preténdese dotar ao alumnado dos coñecementos e habilidades suficientes para: - Coñecer as características básicas da xestión e a explotación dos servizos de transporte urbano e interurbano de viaxeiros e mercadorías, incluíndo conexión co modo marítimo e aéreo. - Realización de estudos básicos de planificación de transportes que supoñan o uso de ferramentas de análises de demanda na súa forma estándar, mediante o uso de ferramentas informáticas dispoñibles comercialmente, con capacidade para valorar as hipóteses subxacentes e seleccionar estratexias de análises
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non experimentarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías que tivesen lugar antes de entrar en situación de confinamento ou corentena. Mantéñense os traballos, prácticas e resto de metodoloxías docentes. No caso de traballos e prácticas a súa entrega farase a través de Moodle, mediante a opción "tarefa", da mesma forma que se adoita realizar cando a docencia é presencial. As probas de resposta múltiple, no seu caso, realizaranse tamén mediante Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais e de solución de problemas pasan á modalidade non presencial, mediante as ferramentas de Teams e Moodle. Os traballos e prácticas supervisaranse de maneira non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams: 3 horas/semana Correo electrónico: De forma continuada. Ofrécese ao alumnado a posibilidade de realizar titorías personalizadas en Teams, á demanda, solicitanto a titoría por correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Os pesos de cada unha das actividades de avaliación mantéñense. No caso de que non sexa posible realizar unha avaliación presencial, pasarase a unha modalidade non presencial. Dentro desta modalidade non presencial poderanse realizar exames orais, exames con probas de resposta múltiple a través de Moodle, exames con probas de resposta curta, ou exames de contidos prácticos mediante tarefas en Moodle. *Observacións de avaliación: Salvo que se diten por parte da UDC outras normas de obrigado cumprimento as condicións serán as especificadas na guía docente coas modificacións especificadas no parágrafo anterior. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se propoñen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes