Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
 Asignaturas
  Enxeñería do transporte
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos contidos, metodoloxías, competencias traballadas e sistema de avaliación da materia.
Sesión maxistral Comprenderá dous tipos de sesións:
Lección maxistral: Consiste na presentación dun tema estruturado loxicamente coa finalidade de facilitar información organizada seguindo uns criterios adecuados cun obxectivo determinado. Esta metodoloxía céntrase fundamentalmente na exposición oral por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Clase expositiva participativa: A clase expositiva participativa incorpora elementos de participación e intervención do estudante, mediante actividades de curta duración na aula, combinadas co método expositivo da lección maxistral. As posibilidades son variadas, e entre elas destacan as preguntas directas, as exposicións do estudante sobre temas determinados, a resolución de problemas vinculados coa formulación teórica exposto, e os debates e presentacións realizadas polos estudantes.
Solución de problemas Aprendizaxe baseada en problemas: Método de aprendizaxe que ten como punto de partida un problema deseñado polo profesorado que o estudante debe resolver ou no que o estudante leva a cabo un proxecto nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, o deseño e a realización dunha serie de actividades. Compútase nesta modalidade a parte do tempo en que o estudante vai ter soporte presencial por parte do profesor. Unha boa parte do tempo dedicado aos
problemas e proxectos vai ser traballo autónomo. A aprendizaxe por descubrimento é a base destes métodos. A información de partida fornecida polo profesor é incompleta e o estudante debe completala mediante o estudo das fontes adecuadas. A solución non debe ser única.
Prácticas de laboratorio A práctica de laboratorio consiste nun traballo experimental nunha contorna de traballo con instrumentación real ou de simulación que cumpre unha misión fundamentalmente integradora dos coñecementos adquiridos a través doutras metodoloxías, mediante o estudo de casos, a aprendizaxe das técnicas de medida e de deseño e a experimentación en contornas de aplicación reais.
Obradoiro Sistema de traballo cooperativo: Enfoque interactivo da organización do traballo na aula e fóra dela, no cal o estudante é responsable da propia aprendizaxe e da aprendizaxe dos compañeiros nunha situación de corresponsabilidade para conseguir obxectivos comúns. Inclúe sesións presenciais con apoio do profesor.
Traballos tutelados Participa de dúas metodoloxías:
Traballo autónomo: Situacións en que se pide ao estudante que desenvolva as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Esta modalidade dá soporte a todas as demais, é dicir, o estudante vai dedicar unha gran parte do
seu tempo (da orde do 50 % dos créditos ECTS) ao traballo persoal e en grupo para afianzar e completar a información recollida nas clases expositivas e participativas e para completar os problemas, cálculos, informes, etc. que resulten da súa actividade nas prácticas de laboratorio e as sesións de problemas e proxectos con soporte do profesor.
Aprendizaxe baseada en problemas/proxectos: Método de aprendizaxe que ten como punto de partida un problema deseñado polo profesorado que o estudante debe resolver ou no que o estudante leva a cabo un proxecto nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, o deseño e a realización dunha serie de actividades. Compútase nesta modalidade a parte do tempo en que o estudante vai ter soporte presencial por parte do profesor. Unha boa parte do tempo dedicado aos
problemas e proxectos vai ser traballo autónomo. A aprendizaxe por descubrimento é a base destes métodos. A información de partida fornecida polo profesor é incompleta e o estudante debe completala mediante o estudo das fontes adecuadas. A solución non debe ser única.
Proba de ensaio Proba destinada á avaliación de parte das competencias a adquirir na materia, que se expón no apartado correspondente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes