Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Álxebra
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Álxebra Código 632G01001
Titulación
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Taboada Vazquez, Raquel
Correo electrónico
raquel.taboada@udc.es
Profesorado
Dominguez Perez, Xabier E.
Taboada Vazquez, Raquel
Correo electrónico
xabier.dominguez@udc.es
raquel.taboada@udc.es
Web
Descrición xeral Na materia de Álxebra deséxase que os estudantes adquiran unha serie de coñecementos matemáticos que lles permitan obter unha base sólida sobre a que construír os coñecementos de moitas outras materias.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías. Tanto as sesións maxistrais como as de resolución de problemas realizaranse con metodoloxías similares ás utilizadas presencialmente pero online, e no horario que ten a materia asignado no calendario da Escola. As titorías realízanse preferentemente a través de Microsoft Teams. O material audiovisual adicional xerado estará dispoñible para os estudantes a través do Moodle da materia. As probas curtas e os problemas con entrega que se teñen en conta para a avaliación continua, así como a proba de MATLAB e os exames parciais e finais realizaranse a través da plataforma Moodle, co apoio do Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican: Ningunha 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Correo electrónico: diariamente. Para facer consultas, resolver dúbidas e solicitar reunións a través de Teams. • Moodle: diariamente. Crearase o “Foro de consultas, dudas y sugerencias” • Teams: diariamente para titorías individuais. 4. Modificacións na avaliación: o sistema de avaliación non se modificará. *Observacións de avaliación: En cada oportunidade a nota final obtida será a máxima de: a) (nota do exame (ou exames)) x 0'7+ (nota de MATLAB) x 0'05 + (nota de curso) x 0'25. A nota de curso calcúlase a partir da nota das probas (50%) e da nota de problemas (50%). Para que se teña en conta esta nota é necesario asistir polo menos a un 80% das clases de problemas. Rexistrarase a asistencia ás clases de problemas aínda que estas sexan virtuais (a través de Teams) . A peor nota tanto de probas coma de prácticas non se terá en conta para a nota final (en caso de faltar a unha proba ou non entregar un problema, descartarase o cero que iso supoñería). b) (nota do exame (ou exames)) x 0'95 + (nota de MATLAB) x 0'05. Para aprobar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se contemplan cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes