Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Álxebra
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A2 B15 C3 C18 C8 Pequena proba ó rematar as prácticas 5
Proba de resposta breve A1 B5 B8 C10 C12 Proba obxectiva dirixida a recordar conceptos básicos da materia de forma concisa. 20
Proba de resposta múltiple A1 B8 C10 C12 Proba obxectiva consistente en varias cuestións con 4 posibles respostas das que só unha delas é válida que se realizarán ó rematar cada tema 12.5
Proba obxectiva A1 B3 B6 B8 B7 C10 C11 C12 C16 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidadede determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. 50
Solución de problemas A1 B2 B4 B9 B8 B18 B7 C10 C11 C12 C13 C15 C16 Formúlanse unha serie de problemas que o estudante debe resolver a partir dos coñecementos que se traballaron en teoría 12.5
 
Observacións avaliación
  • Exames teórico-prácticos: realizarase unha proba parcial ao finalizar o
    primeiro cuadrimestre e outra ao finalizar o segundo. Ademais, haberá exames
    finais en xuño e en xullo.
  • Tanto na oportunidade de xuño como na de xullo, para superar a materia é
    necesario obter polo menos un 3,5 en cada unha das partes correspondentes aos
    dous cuadrimestres en que se divide o curso.
  • No exame de xuño, os/ as estudantes que non superen a materia por parciais,
    pero obtivesen unha nota superior ao 3,5 nalgún deses exames, poderán elixir
    non examinarse desa parte (compensando a nota coa da outra parte) ou ben
    examinarse de todo o contido da materia. Nese caso, tomarase a nota maior das
    obtidas no parcial e o exame de xuño.
  • No exame de xullo, os/ as estudantes que obtivesen unha nota maior ou igual
    a 5 nun dos parciais poderán presentarse só ao outro parcial.

• Probas: ao termo de cada tema realizarase unha proba/test voluntario de
carácter teórico.

• Problemas: en cada tema propoñeranse unha ou varias prácticas con
problemas para resolver na aula. Nalgunha destas prácticas utilizarase Octave
ou MATLAB para a resolución das mesmas.

 

En cada oportunidade a nota final obtida será a máxima de:

a)    
(nota do exame (ou exames)) x
0'7+ (nota de curso) x 0'3.

A nota de curso
calcúlase a partir da nota das probas (40%) e da nota de problemas (60%). Para
que se teña en conta esta nota é necesario asistir polo menos a un 80% das
clases de problemas. A peor nota tanto de probas como de prácticas non se terá
en conta para a nota final (en caso de faltar a unha proba ou non entregar un
problema, descartarase o cero que iso supoñería).


b) (nota do exame (ou exames)).

 

En calquera
caso, para aprobar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes