Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 B6 B8 B7 C10 C11 C12 C15 C18 Ver observacións avaliación 10
Proba mixta A1 B6 B8 B7 C10 C12 C15 C18 Ver observacións avaliación 90
 
Observacións avaliación
Valorarase positivamente a asistencia a clase, sendo imprescindible para poder superar o curso por avaliación continua. Así:

• Se a asistencia NON é superior ao 85% do total das clases: haberá un exame final en xuño, e unha segunda oportunidade en xullo. En cada exame haberá dúas partes, unha correspondente ao primeiro cuadrimestre e outra correspondente ao segundo cuadrimestre. É necesario obter unha nota superior ou igual a 3,5 en cada parte. A nota final obtense como a media das cualificacións obtidas en cada parte. A nota necesaria para aprobar é un 5. En caso de suspenso en xuño, non se garda ningunha nota para o exame de xullo.

• Se a asistencia é superior ao 85% do total das clases, o curso poderá ser aprobado mediante avaliación continua. Así, haberá un exame parcial adicional en febreiro. Unha nota superior ou igual a 3,5 neste exame permite liberar materia para o exame final de xuño e/ou xullo. A nota final obtense como a media das cualificacións obtidas en cada parte. A nota necesaria para aprobar é un 5. Ademais, durante o curso faranse unhas probas de seguimento coas que se poderá obter ata un punto no exame de xuño. Non se comunicará previamente o día da súa realización. Neste caso, a cualificación final do curso obtense da seguinte forma:

Primeira oportunidade (xuño): A maior de:

A) Nota do exame*(9/10)+ Nota do control.

B) Puntuación do exame.

Segunda oportunidade (xullo): nota do exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes