Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Ampliación de cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B6 B8 B7 C10 C11 C12 Exame escrito onde se avalía a comprensión e aplicación dos conceptos e métodos fundamentais da materia. 60
Solución de problemas A1 A2 B2 B3 B4 B9 B8 B7 C10 C11 C12 C13 C15 C16 Exponse unha serie de problemas que o estudante debe resolver a partir dos coñecementos que se traballaron en teoría 20
Proba de resposta breve A1 B5 B8 C10 C12 Proba obxectiva dirixida a recordar conceptos básicos da materia de forma concisa. 20
 
Observacións avaliación

A materia pódese superar de dúas maneiras:

1) Avaliación continua.

Para poder ser avaliado/a de esta forma, o/a estudante deberá asistir polo menos ao 80% das clases de problemas, entregar polo menos 4 das 5 prácticas e realizar polo menos 4 das 5 probas que se farán ao longo do cuadrimestre.

A nota final calcularase da forma seguinte: (nota do exame) x 0’6 + (nota de curso) x 0’4

• Exame final (xaneiro ou xullo): é necesario obter polo menos o 40% da puntuación.

• Probas: realizaranse 5, unha ao final de cada bloque, en horario de clase e previamente anunciadas. A nota das probas representará a metade da nota de curso.

• Prácticas: propoñeranse 5, unha ao final de cada bloque, en horario de clase e previamente anunciadas. Para a súa resolución poderanse formar grupos de dúas persoas, que recibirán a mesma cualificación; tamén se poderá resolver e entregar individualmente. Non se poderá repetir a composición dun grupo de dúas persoas en dúas prácticas distintas. A nota das prácticas representará a metade da nota de curso.

Para superar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5 sobre 10.

2) Exame final.

O/a alumno/a debe obter polo menos 5 puntos sobre 10 no exame final de xaneiro ou de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes