Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Enxeñaría ambiental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 A22 A31 A23 A25 B11 C12 Os profesores elaborarán durante o período docente do cuadrimestre varias probas mixtas para o control de coñecementos. Estas probas estruturaranse como unha combinación de test, preguntas curtas e/ou desenvolvemento de temas.
En cada proba mixta avaliarase os temas que se presentaron en clase en datas anteriores á proba. En todo caso, os profesores indicarán que temas ou parte dos contidos avaliaranse en cada proba mixta.

Nota: ler apartado "Observacións avaliación".
60
Sesión maxistral A22 A31 A23 A25 B11 B16 B6 B8 B19 B20 C8 C4 C6 C7 C12 C8 Os profesores exporán en clase os diferentes temas apoiándose en presentacións gráficas. Esta información, xunto con outra que se considere complementaria (textos legais, artigos, lecturas complementarias, etc.), será posta a disposición dos alumnos.

Nota: ler as apartado "Observacións avaliación".
10
Solución de problemas B9 B11 B6 B8 C8 Dalgúns temas os profesores elaborarán e entregarán aos alumnos exercicios prácticos para resolver dentro dun prazo que se establecerá no seu momento. Os exercicios prácticos poderán ser problemas de cálculo, traballos de revisión, traballos de profundización en temas propios da materia, ou estudos de casos reais.

Nota: ler apartado "Observacións avaliación".
30
 
Observacións avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A.- ESTUDANTES CON MATRÍCULA A tempo completo

A distribución porcentual da cualificación para estes estudantes será:

... Asistencia a sesións maxistrais (10%)

... Solución de problemas (30%)

... Probas mixtas (60%)

A cualificación por "sesión maxistral" basearase na asistencia a clases do estudante. A porcentaxe mínima esixido de asistencia é do 80% das horas de clase. A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. A puntuación da asistencia xeral vai dun mínimo de 0 puntos (cando se ten o mínimo do 80% de asistencia) a un máximo de 1 punto (co 100% de asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80) e (1; 100).

A cualificación de "solución de problemas" será a media ponderada das cualificacións obtidas en cada un dos traballos de "exercicios prácticos".

As "probas mixtas" serán distribuídas ao longo do período de docencia dentro do primeiro cuadrimestre. Os profesores establecerán, con polo menos 1 semana de antelación, data e hora para a realización de cada proba mixta.

Para superar a materia, o estudante deberá aprobar (é dicir, obter un 5 sobre 10) cada unha das probas mixtas. De cada proba mixta aprobada gardarase a cualificación obtida.

Por tanto, as oportunidades oficiais, nas datas establecidas polo Centro, serán utilizadas para a re-avaliación da(s) proba(s) mixta(s) non aprobada(s) durante o período de docencia.

Tamén, o estudante que o desexe poderá utilizar a "primeira oportunidade oficial" para re-avaliarse co fin de mellorar a cualificación dunha ou máis probas mixtas que xa superase.

B.- ESTUDANTES CON MATRÍCULA A tempo parcial

Por normativa, os estudantes a tempo parcial están exentos da obrigación de asistir a clases. Por tanto, a puntuación correspondente (10%) distribuirase entre as metodoloxías da avaliación continua. De modo que, a distribución porcentual da cualificación para estes estudantes será:

... Solución de problemas (35%)

... Probas mixtas (65%)

En todo o demais, ao estudante a tempo parcial seranlle de aplicación as mesmas condicións e requisitos aplicadas aos seus compañeiros a tempo completo descritas no apartado A.

Recoméndase que os estudantes a tempo parcial manteñan comunicación fluída a través de correo electrónico cos profesores, co obxectivo de resolver dúbidas, concertar tutorías, etc.

C.- OBSERVACIÓN FINAL XENERAL

"O primeiro día de clases, os profesores explicarán e resolverán dúbidas sobre estes criterios de avaliación".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes