Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 B3 B4 B5 B9 B12 B15 B6 B8 B7 C3 C10 C11 C12 C13 C15 C16 C8 A cualificación de cada práctica é común aos dous membros do grupo correspondente.
28
Proba obxectiva A1 B3 B8 B7 C10 C11 C12 C15 Exame de carácter práctico. Plantéxanse unha serie de preguntas ou problemas. Salvo mención en contra todas teñen a mesma puntuación asignada. 60
Proba de resposta breve A1 B8 C10 C12 Proba tipo test ou de resposta breve para avaliar a comprensión dos conceptos do tema correspondente. 12
 
Observacións avaliación

As porcentaxes de cualificación indicadas máis arriba corresponden a un suposto no que se entregan 3 tests (dos que puntúan os 2 mellores) e 6 prácticas (das que puntúan as 5 mellores). En cada curso concreto a nota promedio de prácticas e tests calcularase como a media de todas as cualificacións obtidas, independentemente de se proveñen dunha práctica ou un test, unha vez excluídas a nota mínima obtida nunha práctica e a nota mínima obtida nun test.

Se NPT é a nota promedio de prácticas e tests, nas dúas convocatorias a nota final calcularase como 0.6 x (nota do exame) + 0.4 x (NPT), nos casos nos que a nota do exame sexa maior ou igual a 4, e menor que NPT; noutro caso a nota final será a do exame.

É dicir, a nota (sempre conxunta) de prácticas e tests supón un 40% da nota final, pero só se ten en conta se a súa incorporación mellora a a nota do exame e ademais a nota do exame non é inferior a 4 puntos.

De acordo con este sistema, o feito de non poder entregar as prácticas ou os tests (por exemplo por dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia) non supón ningunha penalización na cualificación final.

A realización fraudulenta dunha práctica ou test, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de "0" na nota de prácticas e tests. No caso
dos exames, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes