Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Infraestruturas do transporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Resolución dos traballos expostos aos estudantes ao longo do curso. 25
Proba obxectiva A proba obxectiva consta á súa vez de varias probas. Unha delas é a proba final obxectiva que se realizará na data marcada no calendario académico oficial. Tamén haberá probas obxectivas ao longo do curso, na data e forma que irá definindo o profesorado da materia durante o curso. Todas elas son probas de avaliación de contidos teóricos e/ou prácticos sobre a materia impartida na materia 75
 
Observacións avaliación

A materia consta de tres bloques: Transportes (1 ECTS),
Camiños (3 ECTS) e Ferrocarrís (2 ECTS).

Cales son os requisitos para aprobar a materia?

Existen dous requisitos para aprobar a materia:

1.- En primeiro lugar, debe obterse unha
cualificación mínima de 4,0 puntos sobre 10 nas probas obxectivas finais de
todos e cada un dos Bloques (Transportes, Camiños e Ferrocarrís). Se este
requisito non se cumpre, non se poderá aprobar a materia.

2.- En segundo lugar, a media ponderada das notas
dos tres bloques deberá ser maior ou igual que 5,0 puntos sobre 10. A media
ponderada calcúlase como a suma de 1/6 da cualificación obtida na proba
obxectiva do Bloque de Transportes, de 1/2 da obtida no Bloque de Camiños e de
1/3 da obtida no Bloque de Ferrocarrís.

Como se calcula a cualificación final da materia?

Cada bloque temático da materia avalíase da seguinte forma:

Transportes

Dada a escasa duración do bloque, realizarase unha proba
final obxectiva, cunha ponderación do 100% na cualificación do bloque.

Adicionalmente, exporase un traballo tutelado voluntario,
que permitirá sumar ata 0,5 puntos na cualificación do Bloque de Transportes.
Esta cualificación só se terá en conta a partir dunha cualificación de 4,0
puntos na proba final obxectiva do Bloque.

Camiños

Un máximo de 5 traballos tutelados que poderán ser: sobre
identificación de elementos da sección transversal, sobre identificación de
tipoloxías de nós, sobre identificación de perdas de trazado, dinámicas e de
orientación, sobre enxeñería de tráfico e/o sobre problemas de trazado. A
puntuación, data e forma de entrega de cada un deles definirase ao longo do
curso. Todos eles entregaranse vía Moodle. O peso dos mesmos será dun 30% na
cualificación do bloque.

Probas obxectivas de avaliación continua. Exporase a
realización, ao longo do curso, de diversos exames teóricos e/o prácticos. O
peso dos mesmos será dun 30% na cualificación do bloque.

Proba obxectiva final. Realizarase un exame final na data
establecida no calendario académico, cun peso do 40% na cualificación do
bloque.

Ferrocarrís

Tres traballos tutelados, teóricos ou prácticos,
relacionados con cada un dos temas en que se estrutura o bloque de Ferrocarrís.
A súa data de entrega definirase ao longo do curso. Todos os traballos
entregaranse a través da correspondente tarefa definida en Moodle. Os traballos
tutelados supoñerán un 30% da cualificación do Bloque de Ferrocarrís.

Probas obxectivas de avaliación continua. Exporase a
realización de 5 probas teóricas, a través da plataforma Moodle, en horas de
clase. O peso conxunto das mesmas será dun 30% na cualificación do Bloque.

Proba obxectiva final. Realizarase un exame final na data
establecida no calendario académico cun peso do 40% na cualificación do Bloque.

No caso de que, por limitacións no desenvolvemento do calendario docente, o número de traballos ou probas obxectivas fose menor, estas porcentaxes redistribuiríanse previa consulta cos alumnos.

A cualificación final calcúlase como a suma de 1/6 da
cualificación global obtida no Bloque de Transportes, de 1/2 da obtida no
Bloque de Camiños e de 1/3 da obtida no Bloque de Ferrocarrís.

Lémbrase que, con independencia da cualificación global
obtida en cada bloque, para aprobar a materia é preciso obter polo menos un 4
en cada unha das probas obxectivas finais de cada bloque e, ademais, a media
ponderada das devanditas probas debe ser igual ou superior a 5.

Hai que presentarse na mesma oportunidade a todos os
bloques?

Non é preciso. O estudantado poderá decidir se na primeira
oportunidade quere presentarse a ningún, algún ou todos os bloques. Desta
forma, se nalgunha das probas obxectivas finais de cada bloque obtén unha
cualificación maior ou igual a 5,0 puntos sobre 10, dita cualificación
gardaráselle, pero só ata a segunda oportunidade, non para o curso seguinte.

Os estudantes que superasen algún bloque na primeira
oportunidade, de acordo co exposto no parágrafo anterior, só terán que
presentarse ao bloque ou aos bloques pendentes na segunda oportunidade.

É obrigatoria a asistencia a clase?

Non é obrigatoria a asistencia a clase, pero tense en conta.
Así, se un/a estudante asiste a un 80% ou máis das clases da materia, terá unha
oportunidade extraordinaria para realizar a proba obxectiva final do Bloque de Transportes
e a proba obxectiva final do Bloque de Camiños. O exame de cada bloque
realizarase con anterioridade á data da primeira oportunidade, coincidindo
aproximadamente co final da docencia de cada bloque, aínda que se fixará na
data e forma fixada polo profesor/a de cada un destes bloques.

Se por razóns de calquera índole, o/a estudante non asiste
ao mínimo do 80%, non poderá optar a esta oportunidade extraordinaria.

E se un estudante está matriculado a tempo parcial ou non
desexa seguir a avaliación continua?

Neste caso, poderá asistir unicamente ás probas obxectivas
finais, fixadas no calendario académico da Escola. Mantéñense os requisitos
para aprobar a materia (4,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva final de cada
bloque) e a cualificación final será o resultado de considerar a media
ponderada das cualificacións obtidas na proba de avaliación final de cada
bloque.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes