Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Civil Engineering
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Subjects
   Construction
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo.
Guest lecture / keynote speech Consiste na presentación dun tema estruturado loxicamente coa finalidade de facilitar información organizada seguindo uns criterios adecuados cun obxectivo determinado.
Esta metodoloxía céntrase fundamentalmente na exposición oral por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Problem solving Exporanse problemas vinculados coa formulación teórica exposta, xeralmente resolveranse en clase por parte do profesor coa participación dos estudantes.
Case study Exporanse exercicios que os estudantes deben resolver durante a clase.
Oral presentation Os estudantes exporán a presentación dalgún dos procesos construtivos existentes.
Objective test A proba obxectiva é un tipo de avaliación no que se espera un desenvolvemento máis ou menos amplo do contido que está a ser medido. Poderanse expor cuestións teóricas ou teórico-prácticas. Con esta proba preténdese avaliar o dominio cognoscitivo, por parte do alumno, fronte a un ou varios temas en particular. Xeralmente, con este tipo de probas téñense bos resultados á hora de avaliar capacidades de orde superior, xa que se espera que o alumno realice unha maior análise, reflexión e síntese do estudado co fin de dar unha resposta completa e coherente.
Practical test: Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes