Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Estruturas Metálicas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolución das prácticas dos diferentes temas plantexados polos profesores. A resolución de problemas realizarase na aula e con participación dos estudantes. Tamén se realizarán prácticas no laboratorio de estruturas para aprender a utilizar a ferramenta de análise e deseño de estructuras metálicas SAP2000.
Proba obxectiva Realización dos exames da materia nas datas establecidas ao efecto pola Comisión Docente da Escola.
Proba oral Trátase dunha proba de avaliación continua onde o estudante de forma individual ou ben en grupos moi reducidos terá que responder a unha serie de cuestións relacionadas cos temas vistos na aula. Realizaránse varias entrevistas co profesor a longo do curso.
Proba práctica Esta proba consiste na resolución de problemas prácticos que lle serán entregados aos estudantes ao longo do curso. Entre elas poderá haber:
1) unha práctica de aplicación da norma de estructuras metálicas EAE.
2) unha práctica que consiste na utilización do software SAP2000 para análise e deseño de estruturas metálicas.
3) unha práctica no laboratorio de construcción ensaiando algún componente ou estructura metálica.
Sesión maxistral Exposición de contidos conceptuais dos diversos temas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes