Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Cartografía e SIX
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Cartografía e SIX Código 632G01037
Titulación
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
alberto.varela@udc.es
Profesorado
Carballo Cruz, Pablo
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
pablo.carballo.cruz@udc.es
alberto.varela@udc.es
Web http://http://cartolab.udc.es/docencia/cartografia-sig
Descrición xeral A formulación da materia baséase en adquirir e desenvolver as capacidades de análise xeoespacial mediante o coñecemento e uso de técnicas de representación de datos xeográficos, a través da Cartografía e os Sistemas de Información Xeográfica (SIG). Para iso profundarase no concepto dos datos xeoespaciais, e nos procesos para a súa adquisición, almacenamento, tratamento, análise, modelado e presentación da información xeográfica. Explicaranse os fundamentos dos SIG, os seus elementos principais, os modelos e estrutura dos datos, as funcións de análise espacial básicas e a representación dos resultados da súa aplicación práctica, especialmente sobre cuestións relacionadas coas infraestruturas territoriais. Os coñecementos teóricos serán transmitidos mediante o desenvolvemento de clases participativas complementadas con espazos virtuais de información. A maior parte das clases terán un carácter eminentemente práctico, polo que se fomentará o traballo diario mediante a realización de exercicios, que nalgúns casos deberanse entregar ao final da sesión docente. Para consolidar os contidos tratados na materia, proponse a asistencia a clase e desenvolver prácticas puntuables, que no caso de ser adecuadas conlevarán o aprobado da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes