Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Calidade de Augas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Calidade de Augas Código 632G01046
Titulación
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Jacome Burgos, Alfredo
Correo electrónico
alfredo.jacome@udc.es
Profesorado
Jacome Burgos, Alfredo
Suarez Lopez, Joaquin
Correo electrónico
alfredo.jacome@udc.es
joaquin.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia céntrase en dous obxectivos: (a) unha profusa formación en calidade/composición físico, química e microbiolóxica das augas e augas residuais e (b) relación da calidade das augas cos diferentes usos, consuntivos e non consuntivos, e cos indicadores do estado das masas de auga naturais. A formación teórica compleméntase con prácticas de laboratorio, individualizadas e en grupo, así como con saídas de traballo de campo e con solución de exercicios de cálculo ingenieril.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos.- Sen cambios. 2. Metodoloxías.- *Metodoloxías docentes que se manteñen: -Sesión maxistral a través de vídeo-conferencia. -Estudo de caso por vídeo-conferencia. -Traballos tutelados. -Solución de problemas. *Metodoloxías docentes que se modifican: -Prácticas de laboratorio: anúlanse as non realizadas á data de inicio da contigencia. -Proba de resposta breve: convértese nun "traballo de resolución dunha serie de cuestións" de curto desenvolvemento seleccionadas polos profesores. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.- -Correo electrónico: consultas simples e tutorías. -Moodle: entrega de material docente. -Teams: sesión maxistral no horario asignado á materia polo Centro. Tamén, para tutorías individuais e/ou grupales. 4. Modificacións na avaliación.- -A puntuación da proba de resposta breve trasládase ao "traballo de resolución dunha serie de cuestións". -A puntuación das prácticas de laboratorio basearase nas prácticas realizadas. No caso de que non levase a cabo ningunha práctica de laboratorio, toda a súa puntuación pasarase aos traballos tutelados. *Observacións da avaliación: A.- Alumnos con matrícula a tempo completo O peso das partes avaliables será o seguinte: asistencia (20%); solución de problemas (5%); traballo de resposta breve (20%) e traballos tutelados (55%). Rexistrarase e controlará a asistencia non-presencial. Para superar a materia, tanto no traballo de resposta breve como en cada traballo tutelado o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10. B.- Alumnos con matrícula a tempo parcial -O peso das partes avaliables será o seguinte: solución de problemas (5%); traballo de resposta breve (30%) e traballos tutelados (65%). -Para superar a materia, tanto no traballo de resposta breve como en cada traballo tutelado o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.- -Sen cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes