Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Calidade de Augas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio C3 C10 C11 C13 C14 C15 C16 C17 C18 C9 C19 Asistencia e desenvolvemento das prácticas. Cada alumno entregará un informe individual de cada práctica nun prazo fixado polo profesor. Ler "observacións avaliación" recuadro de abaixo. 5
Estudo de casos A31 B10 B8 B20 C4 C12 Presentación de casos reais ou hipotéticos, para discusión en clase. Aínda que se espera a participación activa do alumno, a cualificación desta parte intégrase no control de asistencia xeral. 0
Sesión maxistral A31 B11 C1 C4 C5 C7 C2 Os temas serán explicados en sesións presenciais. A documentación dos temas comprenderá apuntamentos extensos e as presentacións gráficas.

Ler atentamente "observacións avaliación" para coñecer o detalle dos criterios de avaliación para alumnos de matrícula a tempo completo (apartado A) e para estudantes de matrícula a tempo parcial (apartado B).
15
Proba de resposta breve A9 A31 B1 Entregarase ao alumno unha listaxe de preguntas para o seu estudo.

Ler atentamente "observacións da avaliación" para coñecer o detalle dos criterios de avaliación para alumnos de matrícula a tempo completo (apartado A) e para alumnos de matrícula a tempo parcial (apartado B).
30
Traballos tutelados A31 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B12 B13 B15 B16 B6 B8 B18 B19 B17 B20 B7 C13 C8 Valorarase estrutura de contidos, calidade da redacción, fontes consultadas, formato, presentación oral e respostas a preguntas. Os profesores establecerán os prazos de entrega de cada traballo. 45
Solución de problemas A9 B2 B3 B4 C18 Os alumnos resolverán: 1) boletín de exercicios de forma individual dentro dun prazo que se comunicará en clase e 2) cálculo de cargas de contaminación con folla de cálculo. Os profesores establecerán os prazos de entrega cada un destes traballos. 5
 
Observacións avaliación
CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A.- Alumnos con matrícula a tempo completo

O peso das partes avaliables será o seguinte: prácticas de laboratorio (5%); asistencia xeral (15%); solución de problemas (5%); probas de resposta breve (30%) e traballos tutelados (45%).

Para superar a materia, tanto en cada proba de resposta breve como en cada traballo tutelado o estudante deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10.

A porcentaxe mínima esixido de asistencia xeral é do 80% das horas de clase. A asistencia xeral controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Na asistencia xeral inclúese a asistencia a: sesións maxistrais, prácticas de laboratorio, presentación de traballos tutelados e de estudo de casos.

A puntuación da asistencia xeral vai dun mínimo de 0 puntos (cando se ten o mínimo do 80% de asistencia) a un máximo de 1,5 puntos (co 100% de asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80) e (1,5; 100).


B.- Para os alumnos con matrícula a tempo parcial

- A puntuación correspondente á asistencia repartirase a partes iguais entre os traballos tutelados e as probas de resposta breve.
- A puntuación correspondente ás prácticas de laboratorio repartirase a partes iguais entre os traballos tutelados e as probas de resposta breve.
- A puntuación quedará distribuída nas seguintes porcentaxes:
** Traballos tutelados ................. 57,5%
** Probas de resposta breve ... 37,5%
** Solución de problemas ...........   5,0%

Os prazos para as entregas de traballos tutelados e de solución de problemas serán os mesmos que para os alumnos a tempo completo, e comunicaranse da mesma forma, é dicir, vía plataforma Moodle no Foro de Novas mediante correo electrónico institucional de cada alumno (@udc.es). É responsabilidade de cada estudante estar ao tanto do avance da materia.

Para as probas de resposta breve acordarase con estes estudantes un horario adecuado ás súas circunstancias específicas. En todo caso, polo menos para unha das probas está habilitado o calendario oficial de exames establecido polo Centro. Salvo continxencia, as probas de resposta breve son de carácter presencial.

Os estudantes a tempo parcial disporán do material docente (apuntamentos, presentacións, etc.) da mesma forma que os alumnos con dedicación a tempo completo, é dicir, a través da plataforma moodle. Para estes alumnos, déixase aberta a concertación de tutorías personalizadas nun horario que se adapte ás súas necesidades persoais específicas. O horario de tutoría poderase acordar mediante correo electrónico.

C.- OBSERVACIÓN FINAL XENERAL

A avaliación da materia, nas dúas oportunidades, basearase na metodoloxía descrita nos apartados A e B anteriores. Expresamente, os profesores deixamos claro que non se recibirán nin corrixirán actividades ou traballos dos estudantes fose dos prazos establecidos no seu momento polo profesor ou profesores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes