Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Xestión Ambiental
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Durante a clase maxistrais xurdirán temas de debate sobre os que se establecerá un diálogo e exposición de puntos de vista. Algúns alumnos deberán documentarse nos seguintes días para poder concretar ou argumentar mellor algúns dos puntos de vista ou opinións.
Traballos tutelados O material básico que utilizará en alumno serán os Plans Hidrológicos das Demarcacións, así como a normativa de planificación. Os alumnos deberán completar a información do PH con aquela que se considerei importante para comprender e transmitir singularidades ou aspectos reseñables da conca na que traballan.

O traballo presentarase en clase ante os compañeiros e profesores.
Presentación oral O grupo de traballo, ou alumno, realizará o seu traballo nun formato que poida utilizarse posteriormente para a presentación do traballo.
Proba mixta Realizarase unha proba de coñecementos por escrito.
Ao alumno se lle facilitará unha listaxe de preguntas de resposta curta que varrerán todos os temas impartidos en clase.


Sesión maxistral Os profesores irán expondo en clase o temario fixado apoiándose en presentacións gráficas que serán postas a disposicon do alumno. Poderá haber temas que o profesor exporá oralmente que non teñan soporte gráfico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes