Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Xestión Ambiental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 Realizarase unha proba de coñecementos por escrito.
Ao alumno facilitaráselle un listado de preguntas de resposta curta que varrerán todos os temas impartidos en clase.
O día da proba seleccionaranse 12 preguntas e o alumno deberá contestar a 10 delas.
30
Traballos tutelados A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 O alumno, xunto con algún compañeiro (permítese realizar o traballo en parellas), analizará, valorará, e desenvolverá unha crítica, de como se realizou a planificación nalgún sistema de explotación, ou conca de río, que se terá seleccionado de calquera demarcación hidrolóxica de España.

O material básico que utilizará en alumno serán os Plans Hidrolóxicos das Demarcacións, así como a normativa de planificación. Os alumnos deberán completar a información do PH con aquela que se considerei importante para comprender e transmitir singularidades ou aspectos salientables da conca na que traballan.

O traballo presentarase en clase ante os compañeiros e profesores.

A avaliación do traballo realizarase atendendo aos seguintes aspectos:
a) Cumprimento co avance do traballo nas datas obxectivo.
b) Recompilación de información complementaria.
c) Integración e síntese da información.
d) Dominio e coñecemento da problemática

e) Presentación final del trabajo.
40
Presentación oral A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 O grupo de traballo realizará o seu traballo nun formato que poida utilizarse posteriormente para a presentación do traballo.
Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase.
Valorarase a utilización de gráficos ou diagramas que axuden a comprender mellor a problemáticas.
Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica.
10
Sesión maxistral A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 Asistencia obrigatoria dun 80%. Os 2 puntos desta parte empezan a computar a partir do cumprimento do 80% de asistencia. 20
 
Observacións avaliación

Os alumnos con MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL deberán realizar o Traballo de Curso, aínda que as tutorías deberán realizarse mediante a coordinación cos profesores da materia, co fin de que poidan ser realizadas adaptándose aos horarios e dispoñibilidade do alumno (o sistema de avaliación o mesmo xa citado). Tamén deberán presentar o traballo aos profesores da materia (mesma avaliación que a xa citada). Deberán realizar unha proba mixta, cun valor de 50 puntos sobre a nota final de 100, na que o alumno contestará preguntas teóricas de resposta curta (as preguntas non teñen porqué basearse na listaxe xa citada na metodoloxía xeral xa descrita) que serán seleccionadas polos profesores. O alumno deberá aprobar este exame para aprobar a materia. A data do exame será a da convocatoria oficial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes