Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Xestión Ambiental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 Realizaranse varias probas de asimilación de coñecementos de carácter individual durante o período lectivo, en horarios de clase.
A proba de resposta breve comprenderá a "resolución de 10 cuestións". Oito (8) das cuestións a resolver sairán, por sorteo, dunha listaxe ampla de cuestións (banco de preguntas) que se porá a disposición dos alumnos no seu debido momento, e que, por tanto, o alumno coñecerá de antemán para o seu estudo e resolución. As outras 2 cuestións a resolver serán seleccionadas polo alumno dun conxunto de 4 cuestións que será entregado polos profesores aos alumnos o día e hora da convocatoria do exame. Cada unha das 10 cuestións que finalmente conformen o exame terá o valor de 1 punto, e o alumno deberá obter un mínimo de 6 sobre 10 para superar a proba.
Cada proba poderá ter un peso diferente á hora de elaborar a nota media.
20
Traballos tutelados A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 TRABALLO 1.- ANÁLISE DA PLANIFICACIÓN HIDROLÓGICA E DA XESTIÓN INTEGRADA DA AUGA NUNHA CONCA
• A avaliación do traballo realizarase atendendo aos seguintes aspectos:
a) Cumprimento co avance do traballo nas datas objetivo.
b) Recompilación de información complementaria.
c) Integración e síntese da información.
d) Dominio e coñecemento da problemática da conca.
e) Presentación final do traballo.

• O grupo de traballo realizará o seu traballo nun formato que pueda utilizarse posteriormente para a presentación do traballo.
• Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase.
• Valorarase a utilización de gráficos ou diagramas que axuden a comprender mellor as problemáticas.
• Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica.

O alumno deberá obter polo menos 30 puntos sobre 60.

TRABALLO 2.-
Os exercicios prácticos poderán ser problemas, traballos de revisión, traballos de profundización en temas, ou estudos de casos reais.
O alumno elaborará, polo menos, 3 exercicios prácticos relacionados con problemáticas ambientais (ríos, encoro, costa).


O traballo presentarase en clase ante os compañeiros e profesores.

A avaliación do traballo realizarase atendendo aos seguintes aspectos:
a) Cumprimento co avance do traballo nas datas obxectivo.
b) Recompilación de información complementaria.
c) Integración e síntese da información.
d) Dominio e coñecemento da problemática

e) Presentación final del trabajo.
60
Presentación oral A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase.
Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica.
5
Sesión maxistral A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 Esixirase que o alumno cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas-clase efectivas para poder empezar a puntuar nesta metodoloxía.
A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80%) e (1.5; 100%).
15
 
Observacións avaliación

Os alumnos con MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL deberán realizar o Traballo de Curso, aínda que as tutorías deberán realizarse mediante a coordinación cos profesores da materia, co fin de que poidan ser realizadas adaptándose aos horarios e dispoñibilidade do alumno (o sistema de avaliación o mesmo xa citado). Tamén deberán presentar o traballo aos profesores da materia (mesma avaliación que a xa citada). Deberán realizar unha proba mixta, cun valor de 50 puntos sobre a nota final de 100, na que o alumno contestará preguntas teóricas de resposta curta (as preguntas non teñen porqué basearse na listaxe xa citada na metodoloxía xeral xa descrita) que serán seleccionadas polos profesores. O alumno deberá aprobar este exame para aprobar a materia. A data do exame será a da convocatoria oficial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes