Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Regulación de Recursos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B1 B2 B3 B4 B5 B11 B13 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C7 C10 C12 C14 C18 C2 C8 C19 Os alumnos realizarán de manera individual 1 traballos co programa HEC-HMS. Para aprobar a materia será necesario sacar una nota mínima de 4 sobre 10. 30
Solución de problemas A19 A28 A30 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B13 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C7 C10 C12 C14 C18 C2 C8 Os alumnos entregarán os exercicios de boletíns de prácticas propostos. Para aprobar a materia será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no total das prácticas propostas 35
Proba de resposta breve A19 A30 C4 C5 Os alumnos realizarán dous exames de seguimento da meteria de respostas breve ao longo do curso. 35
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

Estudantes a tempo completo (avaliación continua)

- Traballos e resolución de problemas (35%)

- Prácticas a través das TIC (30%)

- Proba de resposta curta con contido teórico (35%)

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a “Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao da UDC (art 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212). ):

- Traballos e resolución de problemas (35%)

- Prácticas a través das TIC (30%)

- Examen final teórico-práctico (35%)

2. OBSERVACIÓNS ADICIONAIS

Primeira oportunidade de chamada

- Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario obter un 4 sobre 10 no total das prácticas propostas e no traballo TIC. A nota mínima para superar a materia será de 50 puntos.

- De xeito complementario, para que o alumnado con dispensa de asistencia supere a materia, é necesario acadar 5 puntos no exame final teórico-práctico (sobre 10). A nota mínima para superar a materia será de 50 puntos. Os traballos deberán entregarse 1 semana antes da data oficial do exame de forma obrigatoria. Nos traballos é necesario obter un 4 sobre 10 no total das prácticas propostas e no traballo TIC.

Convocatoria de segunda oportunidade

- Todo o alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria de oportunidade terá que realizar un exame final, cuxa nota substituirá á dos exames de seguimento realizados ao longo do curso e cuxo peso na nota final será de 35 puntos. Así mesmo, terán que entregar todos os traballos e prácticas (65 puntos) propostos na clase, no caso de que non o fixeran ao longo do curso ou cando a súa nota non chegase a 5 sobre 10. Para aprobar a materia é necesario acadar un total de 50 puntos, unha nota mínima no exame de 5 sobre 10 e de 4 sobre 10 no total de prácticas e no traballo de TIC. Os traballos entregaranse unha semana antes da data oficial do exame de forma obligatoria.

Consideracións de plaxio

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes