Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Durante o curso realízanse periodicamente sesións durante as que se plantexan exercicios que permiten afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Nestas sesións soluciónanse os exercicios expostos e resólvense as dúbidas xurdidas durante a súa realización. Estas sesións serven como base para o correcto desenvolvemento dos traballos tutelados que se realizan na materia.
Proba de ensaio Realízase unha proba obxectiva para comprobar os coñecementos adquiridos polo estudantado sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nas sesións de solución de problemas.
Traballos tutelados Presentación de diferentes exercicios e traballos relacionados cos diferentes temas da materia, que se exporán en clase e deberanse entregar ao profesorado nas datas indicadas.
Actividades iniciais Realízase unha sesión inicial para expor o programa do curso e a organización do mesmo, presentando a bibliografía básica, a forma de avaliación e resolvendo as dúbidas que poida ter o estudantado antes de enfrontarse á materia.
Proba de resposta múltiple Pódese plantexar a realización dalgunha proba de resposta múltiple.
Aprendizaxe servizo No presente proxecto de aprendizaxe servizo, titulado "Proxecto ApS sobre a Enxeñería Civil como motor da sustentabilidade integral no ámbito do transporte: afirmado de estradas e mobilidade sustentables", o estudantado da presente materia organiza e prepara exposicións co fin de informar e concienciar á sociedade en xeral da necesidade de alcanzar unha mobilidade sustentable, así como os beneficios que iso conleva.
Sesión maxistral Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación do alumnado mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes