Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A6 A35 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas ao final da materia. O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia. 70
Traballos tutelados A6 A35 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 Resolución dos traballos ou prácticas expostos aos estudantes ao longo do curso. O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia. 30
 
Observacións avaliación

A avaliación consta de:

  • Exames: Un exame parcial liberatorio ao final do primeiro cuadrimestre e un exame final ao terminar o curso.
  • Prácticas: Prácticas e traballos obrigatorios que se exporán en clase e deberán entregarse aos profesores nas datas indicadas. A realización correcta destas prácticas nos prazos establecidos é requisito indispensable para superar a materia. Establecerase unha cualificación mínima en cada unha das prácticas ou
    traballos a realizar polo estudante para poder superar a materia. Os estudantes que non asistan regularmente a clase deberán contactar co profesorado ao comezo do cuadrimestre para que se lles indiquen os traballos e prazos.

A nota da materia será 0,7 * (Nota media de exame) + 0,3 * (Nota de prácticas), a condición de que en cada parcial se teña obtido unha nota de exame igual ou superior a 4,0. Será necesaria unha nota final de 5,0 para superar a materia.

Se nalgún exame parcial non se alcanza a nota mínima de 4,0 o estudante deberá volver presentarse na seguinte oportunidade do mesmo curso. Non se gardan notas para o curso seguinte.

Poderanse establecer cualificacións mínimas en certas (ou todas as) partes dos exames para poder superalos.

Se a cualificación final non alcanza o 5,0, tendo nalgún parcial unha cualificación superior a 5,0 (incluíndo as prácticas, por tanto, tendo máis dun 4,0 en exame) ou unha cualificación no exame superior a 5,0 (independentemente da cualificación das prácticas), o estudante poderá conservar a nota dese parcial na seguinte oportunidade do mesmo curso.

As probas de avaliación estarán por defecto en castelán. Os estudantes que desexen o enunciado en galego deberán comunicalo aos profesores da materia cun mínimo dunha semana de antelación.

Os estudantes con matrícula a tempo parcial que non poidan asistir ás clases deberán porse en contacto cos profesores ao comezo do curso para establecer unha metodoloxía de avaliación alternativa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes