Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Xestión do Transporte Urbano
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Analizaranse distintos casos de estudo de transporte urbano, tanto para aprender de experiencias reais como para que o estudante realice as súas propias achegas aos problemas coas técnicas aprendidas nesta materia e en Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte.
Proba de ensaio Realízase unha proba obxectiva para comprobar os coñecementos adquiridos polos estudantes sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nas sesións de solución de problemas.
Solución de problemas Durante o curso realízanse periodicamente sesións durante as que se expoñen exercicios que permiten afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Nestas sesións soluciónanse os exercicios expostos e resólvense as dúbidas xurdidas durante a súa realización. Estas sesións serven como base para o correcto desenvolvemento dos traballos tutelados que se realizan na materia.
Prácticas a través de TIC Exponse realizar algunha práctica a través das ferramentas específicas do campus virtual UDC.
Proba de resposta múltiple Pódese plantexar a realización dalgunha proba de resposta múltiple.
Sesión maxistral Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación dos alumnos mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos.
Traballos tutelados Presentación de diferentes exercicios relacionados cos diferentes temas da materia, que se exporán en clase e deberanse entregar aos profesores nas datas indicadas. Poderán integrarse co estudo de casos.
Actividades iniciais Realízase unha sesión inicial para expor o programa do curso e a organización do mesmo, presentando a bibliografía básica, a forma de avaliación e resolvendo as dúbidas que poidan ter os estudantes antes de enfrontarse á materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes