Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Ferrocarrís
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realízase unha sesión inicial para presentar o programa do curso e a organización do mesmo, indicando a bibliografía básica, a forma de avaliación e resolvendo as dúbidas que poidan ter os estudantes antes de enfrontarse á materia.
Sesión maxistral Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación dos alumnos mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos.
Traballos tutelados Realización de diferentes traballos relacionados cos temas da materia, que se exporán en clase e deberanse entregar aos profesores nas datas indicadas.
Solución de problemas Durante o curso propoñeranse ao alumnado exercicios que permitan afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Os exercicios expostos deberán resolverse persoalmente, podendo consultar todo tipo de documentos ou expor as dúbidas que xurdan durante a súa realización. Cada exercicio será entregado finalmente para a súa cualificación, a través da plataforma Moodle.
Proba de resposta múltiple Ao longo do curso levaranse a cabo unha serie de cuestionarios, na modalidade de resposta múltiple (test), ao obxecto de desenvolver unha avaliación continua dos resultados da aprendizaxe do alumnado en diversos temas. Ditas probas levarán a cabo a través da plataforma Moodle, en días e horas consensuadas co alumnado.
Proba de ensaio Realizaranse probas obxectivas para comprobar os coñecementos adquiridos polos estudantes sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nas sesións de resolución de problemas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes