Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Ferrocarrís
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A35 B8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C3 Avalíase unicamente a resolución correcta daquelas prácticas para a súa resolución persoal por parte do estudante.
Esta valoración corresponde á modalidade A de avaliación.
20
Traballos tutelados A35 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B3 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Desenvolvemento e presentación en clase dunha cuestión ou tema concreto relacionado coa Enxeñería Ferroviaria. O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
Estes traballos só se valoran na modalidade A de avaliación
15
Proba de ensaio A5 A6 A8 A11 A12 A13 A29 A30 A35 B11 B12 B13 B2 B3 B4 B6 C1 C6 Están constituídas polas probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas ao longo do curso e ao final do mesmo. O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
A valoración do 65% corresponde á modalidade A de avaliación.
65
 
Observacións avaliación
Existen dúas modalidades de avaliación:

MODALIDADE A

Precísase unha asistencia ao 90% das clases para poder acollerse a esta modalidade. No caso de que non se alcance, automaticamente pasaríase á modalidade B.

Nesta modalidade valorarase:
  1. O traballo tutelado (contido e exposición en clase), cun máximo do 15% da cualificación final.
  2. Prácticas de problemas na aula, realizadas en condicións de exame, de carácter eliminatorio se se avalían positivamente na súa totalidade. De non superarse, serán avaliadas de novo na parte de problemas do exame final. Supoñerán ata un máximo do 20% da cualificación final e, en calquera caso, deben superarse cunha cualificación maior ou igual a un 5 sobre 10.
  3. Proba de avaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico (cun valor do 65% da cualificación final) e un exame de problemas, cun valor do 20% da cualificación final, que só deberán realizar aqueles estudantes que non superasen algunha das prácticas de problemas en clase. Para poder aprobar a Materia, é imprescindible que a parte de teoría e a de problemas teñan cada unha delas unha cualificación superior a 5 sobre 10.
MODALIDADE B

Aqueles estudantes que non satisfagan as condicións da modalidade A, deberán realizar un exame final, composto por unha parte teórica (70% da cualificación final) e unha parte de problemas (30% da cualificación final). É preciso aprobar ambas as dúas partes por separado para poder superar a Materia.

En ambas modalidades, no caso de que se aprobase (cualificación maior ou igual a 5 sobre 10) só unha das partes da proba de avaliación final (teoría ou problemas) na primeira oportunidade, a cualificación da parte aprobada manterase para a segunda oportunidade, non sendo preciso realizar un novo exame da devandita parte.

As porcentaxes expostas poderían variar en función do número de estudantes e dos traballos que se realicen.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes