Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Ferrocarrís
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A5 A6 A11 A12 A13 A29 B11 B12 B13 B1 B2 B5 B7 C6 Ao longo do curso levaranse a cabo unha serie de cuestionarios, na modalidade de resposta múltiple (test), ao obxecto de desenvolver unha avaliación continua dos resultados da aprendizaxe do alumnado en diversos temas. Ditas probas levarán a cabo a través da plataforma Moodle, en días e horas consensuadas co alumnado. 35
Solución de problemas A35 B8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C3 Solución de problemas na aula.
Esta valoración corresponde á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
15
Traballos tutelados A35 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B3 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Resolución de traballos plantexados aos estudantes ao longo do curso. O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
Estes traballos só se valoran na modalidade A de avaliación.
10
Proba de ensaio A5 A6 A8 A11 A12 A13 A29 A30 A35 B11 B12 B13 B2 B3 B4 B6 C1 C6 Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas nas datas establecidas no calendario académico.
O peso establecido para estas probas refírese á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
40
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia realizarase conforme a cualificación obtida nas seguintes actividades:

  1. Traballo tutelado, a realizar individualmente polo alumnado. A súa data de entrega definirase ao longo do curso e esta realizarase a través da correspondente tarefa definida en Moodle. Supoñerá o 10% da cualificación final.
  2. Exercicios prácticos para a súa resolución persoal polo alumnado. Propoñerase a realización de 3 exercicios prácticos, con entrega mediante unha tarefa de Moodle. Supoñerán o 15% da cualificación final. Se algunha das prácticas non se supera, poderá repetirse unha vez máis. En tal caso, a cualificación máxima será a suma da nota obtida inicialmente máis o 50% da cualificación restante.
  3. Exercicios teóricos para a súa contestación persoal polo alumnado. Exporase a realización, ao longo do curso, de probas teóricas para realizar un seguimento da aprendizaxe, a través da plataforma Moodle. O peso conxunto dos mesmas será do 35% da cualificación final.
  4. Proba de avaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico (cun valor do 30% da cualificación final) e un exame de problemas (cun valor do 10% da cualificación final).

Para aprobar a materia é preciso aprobar a proba de avaliación final (5 sobre 10). Dita cualificación obtense como media ponderada a partir dos exercicios de teoría (75%) e problemas (25%). A cualificación mínima en cada exercicio para levar a cabo dita suma ponderada é de 4 sobre 10.

No caso de non aprobar a materia na primeira oportunidade, gardarase a cualificación de todos os exercicios e probas que estean aprobados (5 sobre 10) para a segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes