Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Metodoloxía da Investigación
   Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. PLAN XERAL DUNHA INVESTIGACION Estrutura dun proxecto de investigación. Actividades a facer nun proxecto de investigación: medición, comparación e interpretación.
TEMA 2. TIPOS DE ESTUDOS EPIDEMIOLOXICOS. Estudos descritivos vs. estudos analíticos. Estudos transversais vs. estudos lonxitudinais. Estudos experimentais vs. estudos observacionais. Estudos prospectivos vs. estudos retrospectivos. Cuestións de validez, precisión e fiabilidade en estudos epidemiolóxicos.
TEMA 3. FUNDAMENTOS DE EPIDEMIOLOXIA CLINICA. A decisión clínica. Significancia estatística vs. relevancia clínica. Inferencia causal.
TEMA 4. MEDIDAS DE FRECUENCIA DA ENFERMIDADE. Incidencia. Prevalencia. Taxas de axuste. Medidas de efecto. Risco. Medición do risco. A detección precoz das enfermidades.
TEMA 5. FUNDAMENTOS DE ESTATISTICA Concepto da estatística. Variables. Tabulación e representación gráfica das variables.
TEMA 6. ESTATISTICA DESCRITIVA. A análise estatística descritiva. Medidas de tendencia central. Medidas de dispersión. Medidas de distribución de frecuencia. A curva normal. Características e aplicacións da curva normal. Cálculo das probabilidades.
TEMA 7. MOSTRAXE. Concepto de mostraxe. Aplicacións. Tipos de mostraxes. Cálculo do tamaño da mostra e dos erros de mostraxe.
TEMA 8. ESTATISTICA INFERENCIAL. Introdución á estatística inferencial. Estimación de parámetros e probas de hipóteses. Diferenza media. Diferenza de proporcións. Intervalos de confianza.
TEMA 9. OPERACIONS BASICAS NO SPSS. Xanelas no SPSS. Creación de variables no SPSS. Operacións previas sobre os datos. Transformación de variables.
TEMA 10. ANALISE BIVARIANTE. A análise da varianza. Análise de táboas de continxencia. A análise da correlación. Aplicacións no SPSS.
TEMA 11. ANALISE DA SUPERVIVENCIA E A CONCORDANCIA. Análise de supervivencia. Curvas ROC. Estudo da concordancia. Aplicacións no SPSS. Presentación e interpretación dos resultados.
TEMA 12. ANALISE EXPLORATORIA DE DATOS. Análise gráfico/exploratorio das variables. Aplicacións no SPSS.
TEMA 13. ANALISE DE REGRESION MULTIPLE. Concepto de análise de regresión múltiple. Obxectivos da regresión múltiple. Deseño na investigación na análise de regresión múltiple. Supostos na análise de regresión múltiple. Estimación e avaliación do modelo de regresión. Interpretación do valor teórico da regresión. A validación dos resultados. Exemplos de aplicación do análise de regresión múltiple en SPSS.
TEMA 14. ANALISE DE REGRESION LOXISTICA. Concepto da análise de regresión loxística. Regresión loxística binomial e multinomial. Obxectivos da regresión loxística. Deseño da investigación na análise de regresión loxística. Supostos na análise de regresión loxística. Estimación e avaliación do modelo de regresión loxística. Interpretación do valor teórico da regresión. A validación dos resultados. Exemplos de aplicación do análise de regresión loxística binomial e multinomial en SPSS.
TEMA 15. ANALISE MULTIVARIANTE DA VARIANZA. Concepto de análise multivariante da varianza (MANOVA). Aplicacións da MANOVA. Obxectivos da MANOVA. Deseño da investigación por MANOVA. Supostos básicos da MANOVA. Estimación do modelo da MANOVA e avaliación do axuste global. Interpretación dos resultados da MANOVA. Validación dos resultados. Exemplos de aplicación da MANOVA en SPSS.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes