Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Metodoloxía da Investigación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B5 B6 B10 C6 Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais, prácticas e traballos. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.

Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia.

Se o profesor e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderá facerse un ou varias probas teóricas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba mixta nas convocatorias oficiais.
40
Proba práctica A5 B1 B2 B4 B6 B10 B11 C6 C3 Exame práctico mediante o uso de recursos informáticos de todos os contidos da materia.

Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia.

Se o profesor e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderán realizarse unha ou varias probas prácticas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba práctica nas convocatorias oficiais.
20
Traballos tutelados A2 A5 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C6 Avaliaranse os traballos/proxectos realizados polos alumnos así como a presentación oral que se derive destes. 40
 
Observacións avaliación

A cualificación de Non Presentado outorgarase a todos aqueles alumnos que non se presentaron á proba práctica e á proba mixta en cada unha da convocatoria oficiais. No caso de presentarse a unha destas probas, o alumno non poderá obter esta cualificación.

En caso de non superar a proba mixta e/ou a proba práctica, a cualificación que aparecerá nas actas será a da proba non superada coa cualificación máis elevada.

O profesorado da materia poderá decidir libremente o número de Matrículas de Honra a outorgar entre as máximas establecidas anualmente. Estas poderanse conceder entre aqueles alumnos que teñan a cualificación de sobresaliente, adxudicándose por orde de cualificación.

O profesor, se así o decide, poderá facer adaptacións á avaliación para os alumnos que xa cursasen a materia en anos anteriores e os alumnos con matrícula a tempo parcial, en canto ás  datas da proba mixta e proba prácticas e ás datas de entrega e contidos dos traballos tutelados.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes