Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Antropoloxía da Saúde e a Discapacidade
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A Antropoloxía social e cultural como disciplina. Que é; cal é o seu obxecto e método.
Tema 2. Os métodos e técnicas de investigación en Antropoloxía social e cultural. Traballo de campo, observación participante, investigación-acción, a entrevista etnográfica, a historia de vida, o método xenealóxico.
Tema 3. Relativismo e diversidade cultural. As culturas como sistemas simbólicos de representacións, valores e comportamentos. A interpretación dos específicos coñecementos, valores e prácticas locais en antropoloxía.
Tema 4. Historia da Antropoloxía da saúde.
A biomedicina como cultura. Os valores e crenzas fundamentais da cultura biomédica.
Tema 5. A Antropoloxía médica e a etnomedicina. A nova Antropoloxía médica.
Tema 6. Medicinas oficiais, medicinas non oficiais.
Tendencias culturais e elección. A construción social do médico, do enfermo e do proceso diagnóstico-terapéutico.
Tema 7. O universo da enfermidade.

O concepto de enfermidade, a súa problemática e o seu exame dende unha perspectiva cultural crítica.
Tema 8. Enfermidade e a curación: Tres teorías. Narrativa etiolóxica e prácticas simbólicas curativas: O exemplo do 'Corpo aberto' en Galicia.

Tema 9. Enfermidade e curación. O papel da sociedade e a cultura.
Tema 10. Antropoloxía, minusvalideces e dependencias. -----
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes