Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Antropoloxía da Saúde e a Discapacidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica B1 B9 Avaliarase a capacidade crítica do alumno á hora de valorar o texto proposto para recensión, así como a súa capacidade para realizar resumenes esquemáticos deste, e a detección dos seus conceptos clave 10
Traballos tutelados A4 B7 B2 C1 Para valorar o traballo tutelado a desenvolver durante o curso, terase en contan o desenvolvemento do estudo básico sobre os temas propostos, tendo en conta a aproximación experiencial -profesional ou práctica- expresada, así como a interpretación deste polo alumno dende os modelos teóricos da Antropoloxía da saúde ou da discapacidade. 40
Proba obxectiva A1 C4 A proba escrita final tratará de avaliar os coñecementos teóricos obtidos da atención ás clases presenciais. Consistirá en responder a dez cuestións de resposta breve. Sobre a base das lecturas sobre os contidos do programa. É obligatoria para os alumnos non asistentes e para aqueles que non asistan polo menos ós 2/3 das sesións, e opcional para os asistentes regulares. 20
Lecturas B3 Valorarase a capacidade de análise, identificación de problemas e argumentación crítica de respostas a estes na presentación e comentario persoais, seguidos de debate, ao final das sesións, sobre lecturas escollidas de Antropoloxía e etnografía da saúde e a minusvalidez 30
 
Observacións avaliación
Os alumnos non asistentes, ou aqueles que non asistan polo menos a 2/3 das sesións do curso, deberán realizar obrigatoriamente a proba obxectiva, así como as restantes metodoloxías contempladas (os non asistenciais deberán acordar unha das sesións co profesor para realizar a presentación e comentario oral da Lectura).
- Os alumnos asistentes regulares poderán optar por realizar a proba obxectiva. Se optan por non realizala, o traballo tutelado supoñeralles un 50% da cualificación, as lecturas un 35% e as recensión bibliográficas un 15%
- Os alumnos que se presenten á convocatoria de segunda oportunidade deberán facelo naquelas metodoloxías non superadas -ou non presentadas debendo facelo- na primeira convocatoria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes