Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Rehabilitación Cardiorrespiratoria Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A10 B2 B7 Proba tipo test con preguntas de resposta con opción múltiple. 40
Recensión bilbiográfica B5 C6 Valoración das recensións achegadas polo estudante ao longo do cuadrimestre. 20
Traballos tutelados A10 A11 B5 B10 C6 Valoración do traballo tutelado presentado polo alumno. 30
Estudo de casos A10 B2 Presentaranse e avaliarán as actividades derivadas do estudo de casos, no que o alumno demostrará a súa capacidade de integración dos coñecementos teóricos no contexto clínico. Porase especial atención, entre outros, a:
1. A descripcion das metodoloxías de avaliación, intervención empregadas no contexto clínico real.
2. O establecemento dos diagnósticos e a tipificación da disfunción de orixe cardiorrespiratorio.
3. A conexión dos conceptos abordados na aula e os aspectos observados na contorna real.
10
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asinadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións de un curso a outro en función das necesidades da materia. Nembargantes, o valor da proba obxetiva situarase sempre entre o 30 e o 40%, as recensións entre un 20 e un 30%, o traballo tutelado entre un 20 e un 30% e a saída de campo entre un 10 e un 20%.

Os criterios de avaliación de primeira e segunda oportunidade serán os mesmos.

Os alumnos matriculados a tempo parcial disporán de atención personalizada ao longo do curso, cunha tutoría quincenal de libre disposición.Deberán xustificar asistencia a un 50% das actividades presenciais.

Os alumnos en réxime de semipresencialidade efectuarán a proba obxetiva presencialmente, ademáis de acudir en tres ocasión as aulas en relación as actividades presenciais relacionadas co traballo tutelado.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes