Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Atención Temperá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A17 A16 C2 C7 O alumnado realizará a lectura de documentos escollidos para profundizar os seus coñecementos en relación aos contidos da asignatura 30
Proba obxectiva A16 A17 B2 B7 B9 O exame dos contidos abordados nas sesións expositivas será de carácter mixto (preguntas tipo test e de resposta curta). 40
Presentación oral A16 C6 O alumnado por grupos exporán ao resto da clase os contidos sintetizados das lecturas realizadas 30
 
Observacións avaliación

Alumnado
con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase
igual ou superior ao 80%:

a)
Elaboración e presentación dos traballos (recensións bibliográficas e presentacións orais) (50%).

b)
Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%).

OBSERVACIÓNS
ADICIONAIS:

1.
Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada
unha das partes obxecto de avaliación (traballos e proba mixta).

2.
A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria
de xaneiro. 

3.
Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o
19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non
presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non
concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso
académico. 

Así,
será cualificado como “Non presentado” cando:

a)
Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na
guía docentes, ou 

b)
Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes