Teaching GuideTerm
University College of Physiotherapy
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Subjects
  Dissertation
   Methodologies
Methodologies Description
Research (Research project) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e tirar as conclusións oportunas do traballo realizado. Dentro desta metodoloxía inclúense Actividades iniciais que poden ser aplicadas non só para detectar o grao de coñecemento do alumno sobre temas específicos senón tamén para profundar contidos relacionados ao desenvolvemento do proxecto.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e
profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñen docuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Document analysis Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes
documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a súa análise. No caso dos TFM, a análise de fontes documentais implica como punto de partida o adecuado manexo de bases de datos científicas.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). O director do traballo poderá utilizar durante as tutorías, a Discusión dirixida - Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador, sempre que estime oportuno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes