Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Traballo Fin de Mestrado
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
En relación ao Traballo Fin de Mestrado, realizaranse, por un lado, sesións colectivas nas que se determinarán aspectos xerais como os distintos tipos de proxecto admitidos, os requisitos formais que han de cumprir ou o sistema de asignación o director de Traballo Fin de Máster. Unha vez asignado o director que supervise o seu traballo, o estudante poderá ser asesorado no horario de titorías preestablecido.

A atención personalizada será realizada de forma virtual, a través das ferramentas multimedia dispoñibles na UDC (Correo electrónico, Moodle, Teams, One Drive) a demanda do estudante e/ou por iniciativa do director. Así mesmo, segundo as condicións de sanidade que sexan permitidas no seu momento, poderase ofrecer atención presencial con cita previa.

Para os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia se concretará las tutorías con el director de modo axustado ás súas circunstancias.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes