Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado.
Portafolios do alumno Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade.
Traballos tutelados
Presentación oral
Prácticas de laboratorio Clases prácticas que complementan os contidos desenvolvidos nas clases teóricas. Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana. Ademáis, mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie. Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas. Ó impartirse en grupos reducidos de alumnos, permite a atención personalizada para a resolución de dúbidas.
Proba mixta Proba mixta.- Inclúe.

1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por 10 preguntas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado.

2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe:

- Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test que consta de 20 preguntas, cada una delas cun enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira.

- Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica.

- Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas.

3.- PROBA ORAL.- Este exame está dirixido só a persoas con discapacidades que dificulten a realización de exames escritos. Substitúe, por tanto, á Proba de ensaio e á Proba obxectiva. Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes