Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A19 A1 Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade. 10
Proba mixta A1 C8 Proba mixta.- Inclúe calquera das posibilidades seguintes:.

1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por preguntas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado.

2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe:

- Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test que consta de preguntas, cada una delas cun enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira.

- Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica.

- Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas.

3.- PROBA ORAL.- Este exame está dirixido só a persoas con discapacidades que dificulten a realización de exames escritos. Substitúe, por tanto, á Proba de ensaio e á Proba obxectiva. Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude.
70
Traballos tutelados C6 C7 seleccionados polos alumnos 10
Presentación oral C1 a discapacitados para facilitar a aviación 10
 
Observacións avaliación

Os
créditos
da materia Anatomía Humana I e Histoloxía, de 6 ECTS, distribúense tal
como segue: - Aparato locomotor de cabeza, colo e tronco: 4 ECTS -
Neuroanatomía: 2 ECTS.

en caso de que a materia sexa impartida por máis de 1 docente, a nota final será a media entre as notas acadadas en cada parte evaluada. 

En caso de ter una nota media final con 5 ou más de 5, e una parte suspensa, ésta, deberá alcanzar un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 (35 % de coñecemento).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes