Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ANATOMÍA II
   Contidos
Temas Subtemas
IV.- Aparato locomotor. Membro superior. Membro inferior.
CONTIDOS:
1.- Anatomía funcional do membro superior. Ósos. Articulacións. Músculos.
2.- Vascularización e inervación do membro superior.
3.- Anatomía de superficie do membro superior.
4.- Anatomía funcional do membro inferior. Ósos. Articulacións. Músculos.
5.- Vascularización e inervación do membro inferior.
6.- Anatomía de superficie do membro inferior.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Estudiar o esqueleto de membro superior e membro inferior en maquetas e ósos.
2.- Identificar en maquetas articulacións do membro superior e do membro inferior.
3.- Identificar en maquetas músculos do membro superior e do membro inferior.
4.- Estudiar en maquetas a vascularización e inervación do membro superior e do membro inferior.
5.- Anatomía de superficie do membro superior e do membro inferior.
V. Sistema cardiocirculatorio. CONTIDOS:
1.- Corazón. Morfoloxía externa. Relacións. Vasos e nervios do corazón.
2.- Corazón. Morfoloxía interna. Cavidades cardíacas.
3.- Sistema da arteria pulmonar. Sistema da arteria aorta.
4..- Venas pulmonares. Sistemas da vena cava superior e da vena cava inferior. Sistema linfático.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Estudiar en maquetas a morfoloxía do corazón.
2.- Estudio en maquetas dos principais vasos sanguíneos.
VI.- Estesioloxía. CONTIDOS:
1.- Sentido da visión. Anexos do globo ocular. Estrutura do globo ocular.
2.- Sentido da audición. Oído externo. Oído medio. Oído interno.
3.- Sentidos do olfato, do gusto e do tacto.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Identificar en maquetas as estruturas anatómicas do globo ocular.
2.- Identificar en maquetas as estruturas anatómicas do oído externo, medio e interno.
VII.- Esplacnoloxía. CONTIDOS:
1.- Sistema Dixestivo. Cavidade bucal, dentes, lingua e glándulas salivais. Farinxe e esófago. Glándulas tiroide e paratiroides. Timo. Estómago. Páncreas. Bazo. Fígado e vías biliares. Intestino delgado e groso. Recto e ano. Peritoneo. Vascularización e inervación.
2.- Aparato Respiratorio. Cavidades nasais. Larinxe, tráquea e bronquios. Pulmóns, pleuras e mediastino. Vascularización e inervación. Mecánica respiratoria.
3.- Aparato Xénito-Urinario. Aparato urinario: ril, uréter, vexiga urinaria. Uretra. Glándula suprarrenal. Aparato xenital masculino: órganos xenitais internos e externos. Aparato xenital feminino: órganos xenitais internos e externos.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Identificar en maquetas os compoñentes do aparato dixestivo.
2.- Identificar en maquetas os componentes do aparato respiratorio.
3.- Estudiar en maquetas os componentes dos aparatos xenitais masculino e feminino.
4.- Estudiar en maquetas a estrutura do ril e da nefrona.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes