Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ANATOMÍA II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase que desenvolve os contidos teóricos dunha unidade temática. É unha clase participativa, favorecendo o intercambio de opinións e o debate.
Prácticas de laboratorio Clases que desenvolven a un tempo contidos teóricos e prácticos dunha unidade temática. Ademais dos recursos da sesión maxistral (encerado, vídeo-proxección, etc.), empréganse como apoio á docenca as maquetas e os ósos da osteoteca do laboratorio de Anatomía Humana.

A docencia impártese a grupos reducidos, de modo que favorece a participación do alumnado mediante o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas, permitindo así a atención personalizada.

Avaliación continua: valorarase a actitude, o interese pola aprendizaxe e a capacidade para solucionar problemas formulados polo profesorado.
Traballos tutelados Avaliación continua. O alumnado deberá facer un traballo sobre un tema que estea relacionado co contido do programa.
Este traballo realizarase en grupo (mínimo, 2 estudantes; máximo, 4 estudantes).
Presentación oral Avaliación continua. O alumnado deberá expoñer e defender o traballo tutelado diante do profesorado e resto do alumnado, respondendo a calquera dubida formulada tanto por calquera deles/as.
Obradoiro Avaliación continua. Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas, identificar detalles anatómicos en debuxos esquemáticos, recoñecer mediante anatomía de superficie determinadas estruturas anatómicas, etc.).
Proba mixta Avaliación continua. Exames tipo test e preguntas de resposta breve para determinar o nivel de comprensión e coñecemento da parte da materia examinada.
Proba obxectiva Consiste nunha PROBA ESCRITA, que consta de dúas partes:

1. Preguntas curtas (entre 10 e 25), que requiren unha resposta breve, en xeral dunha extensión máxima de media páxina. Consisten en preguntas de desenvolvemento textual e láminas anatómicas para completar ou identificar elementos.

2. Exame tipo test de 48 preguntas, cada unha con catro opcións e unha única resposta. Non se puntúa negativo por resposta incorrecta, mais descártase para o aprobado o 25% das repostas correctas.

No caso do alumnado que conte cunha adaptación curricular concedida pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) da UDC na que se recolla a dificultade para a realización de exames escritos, poderase substituír a Proba Escrita por unha PROBA ORAL, que consistirá en preguntas de resposta breve.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes