Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOLOXÍA
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) FISIOLOXÍA Código 651G01003
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Cudeiro Mazaira, F.Javier
Correo electrónico
javier.cudeiro@udc.es
Profesorado
Cordido Carballido, Fernando
Cudeiro Mazaira, F.Javier
Juiz Valiña, Paula
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
fernando.cordido@udc.es
javier.cudeiro@udc.es
paula.juiz.valina@udc.es
susana.sangiao@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/neurocom/
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa Fisioloxía Humana. Descriptor: Coñecementos sobre a función do corpo humano que capaciten para avaliar, sintetizar e aplicar tratamentos de Fisioterapia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías, pero en caso de ser necesario, trasladaranse da aula “física” á aula virtual (Teams e Moodle). A sesión maxistral impartirase vía Teams de xeito síncrono no horario habitual. As prácticas de laboratorio substituiranse por vídeos, videotitoriais, demostracións e lecturas que sexan de acceso libre a través de internet. Os alumnos tamén deberán resolver exercicios que entregarán vía Moodle ou correo electrónico. Os documentos e as conclusión ás que deben chegar nos seminarios os alumnos exporanse vía Teams no seu horario habitual para o resto de compañeiros e o profesorado. Os traballos tutelados forman parte da aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesorado. Esta tutela farase vía Teams e vía correo electrónico. A proba mixta, de non ser posible a súa realización de xeito presencial, realizarase a través de Moodle. O exame estará dispoñible en Moodle o día e hora correspondente. Ese mesmo día, antes e durante o exame, o alumnado convocarase vía Teams para demostrar a súa asistencia, recibir as instrucións pertinentes e para que poidan preguntar posibles dúbidas. *Metodoloxías docentes que se modifican • Ningunha 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Correo electrónico de maneira diaria para resolver dúbidas puntuais e solicitar titorías personalizadas vía Teams. • Moodle: de maneira diaria para acceder a contidos e foros de discusión relacionados coa materia. • Teams: de maneira semanal na franxa horaria designada á materia, e realización de titorías a pedimento dos alumnos, tanto grupais, como individuais. 4. Modificacións na avaliación • Non se realizarán cambios. A única excepción sería a imposibilidade total de levar a cabo o exame presencial, en tal caso, o exame realizaríase de modo virtual vía Moodle e Teams. *Observacións de avaliación: • A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Todos os libros/recursos son bibliografía recomendada, pero en caso de imposibilidade para acceder fisicamente ás bibliotecas, recoméndase ao alumnado que use os libros de fisioloxía presentes en: https://www.udc.es/gl/biblioteca/recursos_informacion/libros_electronicos/libreria-pons_0001/
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes