Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  CINESITERAPIA XERAL
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) CINESITERAPIA XERAL Código 651G01005
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Carballo Costa, Lidia
Correo electrónico
lidia.carballo@udc.es
Profesorado
Carballo Costa, Lidia
Meilán Devesa, José Ramón
Correo electrónico
lidia.carballo@udc.es
jose.meilan@udc.es
Web
Descrición xeral Ao finalizar o estudo da materia de Cinesiterapia Xeral o estudante deberá acadar a competencia nos fundamentos científicos, o deseño de programas preventivos e terapéuticos, e a aplicación práctica dos procedementos básicos da Fisioterapia que se basean na utilización do movemento como axente físico, particularmente o movemento voluntario en todas as súas expresións. Enténdese por procedementos básicos aqueles en os que se fundamenta a Fisioterapia e que constitúen a base ou o apoio principal dos métodos específicos que se estudan en cursos máis avanzados.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. Proba obxectiva: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. *Metodoloxías docentes que se modifican Prácticas de laboratorio: as demostracións presenciais son substituídas por material visual demostrativo da execución dos procedementos de valoración funcional. Proba práctica: substitúese por unha proba oral en tempo real, que incorpora contidos teóricos e prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas: Microsoft Teams: Semanalmente para as aulas teóricas. Titorías a demanda, incluso fóra do horario oficial. Moodle: Semanalmente, para notificacións ao alumnado e colgado de materiais necesarios para o desenrolo da docencia. Realización de probas o resolución de dúbidas a través dos foros. Correo electrónico institucional: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante. 4. Modificacións na avaliación Avaliación continua da sesión maxistral e das prácticas: 40% - Asistencia a clases teóricas e prácticas presenciais: actitude, puntualidade, a participación razoada, o traballo en equipo, probas de comprensión, presentación oral, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas, así coma as destrezas e habilidades do/a alumno/a. - Participación en clases non presenciais a través de Teams. - Avaliaranse contidos de maneira secuencial, a través das probas en liña dispoñibles en Moodle. - Entrega de traballos non presenciais titorizados Proba obxectiva: 40% Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia. A proba obxectiva final avaliará a totalidade dos contidos impartidos. Proba oral 20% Exame oral en tempo real, que incorpora contidos teóricos e prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams. *Observacións de avaliación: No caso daquelas persoas que non superaran (cun 5.0) ou non realizaran algunha das probas parciais, a porcentaxe da nota da proba obxectiva final sobre a nota final será maior ao 40%, sumándolle a esta porcentaxe a correspondente a aquela parte non realizada ou non superada. Programaranse en data e hora a proba escrita e a proba oral. Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 10-15 minutos antes do comezo do exame. Comprobarase a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidencias e dúbidas. Garantizaremos que todos poidan realizar a proba. Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao inicio ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica a unha extensión habilitada ao efecto. De non facelo a súa cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso. A continuación activarase o exame en Moodle con un tempo programado no que o estudantado subirá as respostas. O exame oral levarase a cabo a través da plataforma Teams ou no seu defecto, a través da ferramenta que faga viable esta avaliación. Para superar a materia requírese ter aprobada a proba escrita e a proba oral (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba). Non se sumará a puntuación correspondente á avaliación continuada se non se cumpre este requisito. Se a cualificación obtida da ponderación da proba escrita e da proba oral resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos). Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escrita ou proba oral) no exame de 1ª oportunidade (xuño), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo). Os alumnos de primeira matrícula que non tivesen asistido ás clases e/ou non realizaran ou completaran as actividades de formación continuada presencial ou non presencial esixidas na planificación, serán avaliados a través dunha única proba oral que inclúe contidos teóricos e prácticos (80% da cualificación). A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes