Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A2 A13 A19 C1 C5 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
A avaliación terá en conta a participación activa nas sesions docentes. A cualificación outorgarase entre un mínimo de 0 e un máximo de 3.
5
Prácticas de laboratorio A2 A3 A4 A13 A18 C3 C8 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
A avaliación terá en conta a participación activa na elaboración dos trabllos ademáis da súa exposición na clase. A cualificación outorgarase entre un mínimo de 0 e un máximo de 3.
10
Proba mixta A2 A3 A5 A6 A7 A9 A13 A14 A15 A16 A19 C2 C6 C8 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
A avaliación terá en conta responder axeitadamente as cuestións formuladas na proba. A superación da mesma conseguirase obtendo como mínimo 6 sobor de 10 puntos de media na proba. Cada cuestión valorarase de 0 a 10 puntos.
65
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A17 A18 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A avaliación terá en conta a presentación dun pequeno resumo do tratado na aula o acabar a clase. A cualificación será de 0 no caso de non presentalo ou facelo mal e 1.
5
Recensión bilbiográfica A2 A17 C6 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Se avaliará a súa presentación en tempo e forma ademáis de dada un dos apartados da mesma. A cualificación se axudicará entre un mínimo de 0 e un máximo de 3.
15
 
Observacións avaliación

A relación entre os contidos teóricos e prácticos establécese nun 75% para os teóricos e un 25% para os prácticos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes