Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O traballo tutelado ten o obxectivo de combinar o traballo individual do estudante co grupal, tratando de fomentalo traballo cooperativo, a discusión dos temas propostos e as conclusións. Cada estudante terá que aplicar a sistemática de valoración funcional e psicosocial, aprendida a través doutras metodoloxías, a un individuo, identificando e describindo as alteracións e establecendo, por tanto, un diagnóstico fisioterápico. Así mesmo, o estudante terá que determinar os obxectivos de carácter preventivo e/ou terapéutico susceptibles de ser abordados desde a fisioterapia. A recollida de información, a análise e interpretación dos resultados e as conclusións estará debidamente recollidas na historia ou ficha de fisioterapia. Finalmente efectuarase unha posta en común dos casos valorados en grupos pequenos e efectuarase unha presentación oral dos casos que o equipo docente considere máis interesantes desde o punto de vista pedagóxico.
Para a tutorización do traballo establécense tres horas de atención personalizada que, distribuídas regularmente ao longo do curso, utilizaranse para a orientación do estudante, a discusión dos aspectos nos que manifesten máis dificultades e na resolución de dúbidas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes