Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A19 C1 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 20
Proba mixta A2 A3 A5 A6 A19 C1 C6 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
40
Proba práctica A5 A6 A8 Proba que valora o desempeño práctico do estudante fronte a supostos plantexados polo profesor. Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia requírese ter aprobada a proba mixta e a proba práctica. 

Se unha das dúas probas sinaladas anteriormente non é superada (puntuación inferior a 5/10 puntos), poderá continuar facendo media coa outra das probas sempre e cando se obteña unha calificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10. 

En todo caso, para superar a materia, resulta necesario que a calificación media da proba mixta e da proba práctica resulte superior a 5 sobre 10 puntos.

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante o valor do exame (teórico e práctico) non será infeior ó 80% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ó 20%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes