Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA XERAL
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) FISIOTERAPIA XERAL Código 651G01008
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Riveiro Temprano, Socorro
Correo electrónico
socorro.riveiro.temprano@udc.es
Profesorado
Martinez Rodriguez, Alicia
Riveiro Temprano, Socorro
Correo electrónico
alicia.martinez@udc.es
socorro.riveiro.temprano@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende capacitar ao alumnado para fundamentar a elección da técnica de electroterapia, ultrasonoterapia, fototerapia, magnetoterapia, masoterapia, hidroterapia e balneoterapia, entre outras, en base aos coñecementos científicos existentes e á experiencia clínica e necesidades específicas (contextuales, clínicas e psicosociais). Para iso é básico o coñecemento do fundamento físico de cada axente, os efectos que produce (distintos parámetros regulables) e cómo se traducen en efectos fisiolóxicos e terapéuticos. En canto á destreza no manexo dos equipos e as técnicas precísase do traballo non presencial a partir da demostración no laboratorio.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se fará unha modificación sustancial dos contidos, pero se centrará a atención nos aspectos máis relevantes para a adquisición das competencias da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral e aprendizaxe colaborativa *Metodoloxías docentes que se modifican Proba mixta- pasa a ser proba de resposta múltiple Prácticas de laboratorio- a través dos videos ou fotografías se presentarán casos sobre os que despois se establecerán debates nos grupos prácticos correspondentes. Proba práctica- se poderá realizar a través dun documento gráfico (imaxe, son e/ou movemento) ou traballo realizado sobre un caso práctico. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A demanda do alumnado en formato escrito vía correo electrónico para a aclaración de dúbidas; ou vía moodle a través dos foros ou de consulta directa, fundamentalmente para aclaración de dúbidas ou resolución de tarefas escritas. Para reunións virtuais, se usará TEAMS previa solicitude. Os/as docentes establecerán reunións telemáticas co alumnado de forma grupal para o desenvolvemento das distintas actividades, fundamentalmente, das clases expositivas e obradoiros, ou ben aportar as clases explicadas. 4. Modificacións na avaliación Se manterán os criterios de avaliación e as metodoloxías, facendo unha adaptación da proba mixta que pasará a ser de resposta múltiple e da práctica que se poderá realizar a través dun documento gráfico (e sonoro) ou traballo realizado sobre un caso práctico. *Observacións da avaliación: Hai que superar ambos cuatrimestres para poder facer media. Ademais, hai que superar con un 50% cada unha das probas de resposta múltiple. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha, os contidos necesarios para a superación da materia se poderán extraer das diapositivas, exposicións ou documentos suministrados polo profesorado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes