Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA XERAL
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A8 B13 B19 C1 C6 Realizarase en grupos. O profesorado exporá as preguntas/temas/casos que han de ir resolvendo/preparando o alumnado. Irase controlando a súa realización secuencialmente e contabilizará ata un 20 % da nota final, que só se sumará en caso de ter aprobado o exames teórico e práctico de cada módulo.

Exclusivamente para o módulo de electroterapia e ultrasonoterapia existirá un programa de tutorización por pares que poderá sumar ata un punto a nota final. Será voluntario e a sea metodoloxía se exporá en clase.
20
Proba mixta A2 A3 A8 B13 B19 C1 C6 O exame teórico contará ata un 50% da nota final, e ata un 30% o exame práctico.

Exame teórico:preguntas de resposta aberta enfocada ao razoamento científico-clínico, á capacidade de síntese ou á capacidade de interrelación e expresión escrita, de maior o menor extensión.
En caso de nota dubidosa no exame teórico, poderase acudir aos controis de avaliación continuada do módulo correspondiente.

O exame práctico constará por norma xeral de 2 casos que se plantearán ao alumnado para a sea resolución teórico práctica. O estudiante será avalado por un/unha profesor/a que non ten por qué coincidir co que lle impartiu a práctica.

Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada un dos exames das partes (teórica e práctica). Só se engadirá a nota da aprendizaje colaborativa se se aprobaran ambos examen (teórico e práctico) de cada un dos módulos.

Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima.
80
 
Observacións avaliación

A asistencia á clase práctica é moi recomendable e a non asistencia debe estar ben xustificada. Se gardará cada nota de cuatrimestre aprobado ata a convocatoria de julio, incluida. Se non se aprobaran os dous módulos na convocatoria de xuño, gardarase o módulo aprobado para o curso seguinte se se obtivo polo menos o 70% da nota. Se algún/a alumno/a preséntase ao exame dun dos dous módulos e non ao outro, constaralle como non presentado na nota final. No momento que se presentou a algún exame de ambos os módulos ou se lle deu por superado un deles e presentouse ao outro, xa non poderá constar como non presentado, sendo necesaria a aprobación dos dous módulos para poder constar como aprobado na nota final.

Para o presente curso, se inciará co MÓDULO MASOTERAPIA E OUTRAS TERAPIAS no primeiro cuadrimestre e seguirase co MÓDULO DE ELECTROTERAPIA E ULTRASONOTERAPIA no segundo cuadrimestre.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes