Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  BIOMECÁNICA
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) BIOMECÁNICA Código 651G01009
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Raposo Vidal, Isabel
Correo electrónico
isabel.raposo.vidal@udc.es
Profesorado
Meilán Devesa, José Ramón
Raposo Vidal, Isabel
Senin Camargo, Francisco José
Correo electrónico
jose.meilan@udc.es
isabel.raposo.vidal@udc.es
francisco.senin@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia, ao alumno capacítaselle coñecer os movementos do corpo humano e os seus principios fundamentais, que lle capacitará para realizar análises kinesiológicos básicos, avaliar os movementos con exactitude e en concordancia cos principios anatómicos, fisiológicos, e mecánicos, asi como a identificación dos efectos do movemento sobre a estrutura humana, o cal lle permitirá efectuar a selección de exercicios e actividades adecuadas para a prevención, terapia e mantemento do corpo humano.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan cambios nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. - Prácticas de laboratorio: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. *Metodoloxías docentes que se modifican -Sesión maxistral: realizarase a través das clases expositivas participativas en tempo real a través da ferramenta Microsoft Teams e/ou clases coa presentación audio previas. Se complementan con actividades dirixidas aos estudantes, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e integrar coñecementos. -Prácticas de laboratorio:as demostracións presenciais son substituídas por material visual demostrativo da execución dos procedementos prácticos da materia. -Proba mixta: é substituída por unha proba escrita vío Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia. -Proba práctica: substitúese por unha proba oral en tempo real, que incorpora contidos teóricos e prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas: -Microsoft Teams: titorías a demanda do estudantado. -Moodle: para propocionar todo o material necesario para o desenvolvemento da docencia. Realización de probas e resolución de dúbidas a través dos foros. -Correo electrónico: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante. 4. Modificacións na avaliación - Avaliación continua 20% a. Asistencia a clases teóricas e prácticas presenciasis: actitude, puntualidade, a participación razoada, o traballo en equipo, probas de comprensión, presentación oral, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas, así como as destrezas e habilidades do/a alumno/a. b. Participación en clases non presenciais a través de Teams. c. Entrega de traballos non presenciais titorizados. -Proba escrita 60% Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia. -Proba oral 20%. Exame oral en tempo real, que incorpora contidos teóricos e prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams. *Observacións de avaliación: Programarase en data e hora a proba escrita e a proba oral. Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 15 ou 30 minutos antes do comezo do exame. Comprobaremos a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidencias e dúbidas. Garantizareos que todos poidan realizar a proba. Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao inicio ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica a unha extensión habilitada ao efecto. De non facelo a sú cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso. A continuación activarase o exame en Moolde con un tempo programado no que o estudantado subirá as respostas. O exame oral levarase a cabo a través da plataforma Teams ou no seu defecto, a través da ferramenta que faga viable esta avaliación. Para superar a materia requírese ter aprobada a proba esrita e a proba oral (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba). Non se sumará a puntuación correspondente á avaliación continuada se non se cumpre este requisito. Se a cualificación obtida da ponderación da proba escrita e da proba oral resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero unha das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos). Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escrita ou proba oral) no exame de 1ª oportunidade (xaneiro), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo). Os alumnos de primeria matrícula que non tivesen asistido ás clases e/ou non realizaran ou completarn as actividades de formación continuada presencial ou non presencial esixidas na planificación, serán avaliados a través do exame escrito e oral que suporán cada un deles o 70% e 30%, respectivamente, da cualificación final. A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes